Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Dermatoloxía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Dermatoloxía Código 750G02124
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Gil Manso, Pedro
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
Profesorado
Gil Manso, Pedro
Janeiro Arocas, Julia Maria
Monteagudo Sánchez, Beningo
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
julia.janeiro@udc.es
benigno.monteagudo.sanchez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia de Dermatoloxía pretende proporcionar ao alumnado unha serie de coñecementos xerais de Dermatoloxía do membro inferior e o seu tratamento. O alumnado ao longo do curso adquirirá coñecementos sobre: Semioloxía, histopatoloxía e terapéutica dermatolóxica das principais afeccións dermatolóxicas que afectan ao pé. Afeccións do tecido conectivo. Lesións de orixe vascular. Afeccións zooparasitarias e fito parasitarias. Lesións cutáneas benignas, lesións precancerosas e tumores cutáneos. Cirurxía en dermatoloxía e cicatrices.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se cambian os contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Recensión bibliográfica, Proba de resposta múltiple. *Metodoloxías docentes que se modifican As Sesión maxistrais e os Seminarios, para aqueles alumnos que por motivos de corentena ou confinamento non poidan acudir presencialmente (que deberán de acreditar adecuadamente a través do campus virtual da materia e comunicándoo o mesmo día ao docente da materia por correo electrónico), farase de forma telemática, se é posible participando en directo telemáticamente na sesión do TEAMs da Materia e se esta opción non fose posible polas circunstancias médicas do alumno ou o docente, participando en diferido entregando 10 preguntas tipo test do tema tratado na clase/seminario coa xustificación da corrección ou falsidade de cada unha das 4-5 opcións de resposta. Os seminarios prácticos no caso de non poder realizarse nas datas asignadas a cada grupo por illamento dun ou varios alumnos (debidamente acreditado), en primeira opción recuperaranse intercambiando as datas de todos o grupo co seguinte grupo que lle correspondería a práctica, se isto xa non fose posible ou non puidese realizarse pola situación epidemiolóxica e as restricións asociada, recuperaríanse en canto cando as condicións sanitarias permítano en datas acordadas polo docente. Os alumnos que na data de convocatoria do exame (proba mixta) se encontren en situación de confinamiento/cuarentena por positivo en COVID19 ou contacto estreito (de xeito debidamente acreditado cun máximo de tres días posteriores o exame), faráse una convocatoria de exame presencial ó final dos días de confinamento protocolario, proba que deberá de realizarse antes do último día de peche de actas de esa oportunidade, non sendo posible en ningún caso realizar o exame de xeito telemático. Só no caso de que as restricicions as activides presenciais xeneralizadas a docencia realizarase vía telemática mantendo as porcentaxes de cada metodoloxía de avaliación e só no caso destas incluán especificamente as convocatorias de exames oficiais (como no confinamento total por estado de excepción ou alarma) o exame (proba de resposta múltiple) farase a través do propio campus virtual da materia de forma telemática, na que cada alumno estará conectado simultaneamente a través de TEAMS mediante a pantalla e a cámara do seu propio teléfono móbil, que deberá de estar activa durante todo o proceso e mostrando todo o espazo de traballo. A través do TEAMS, comunicarase a clave de inicio do test e cada alumno poderá expor as dúbidas que teña (previa chamada de atención) de forma xenérica (que non identifique a resposta correcta), xa que será escoitada polo resto de estudantes. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Non cambian, faranse vía TEAMs 4. Modificacións na avaliación Só no caso dun confinamento total a realización do exame ( proba de resposta múltiple), clases e seminarios realizarase vía telemática mantendo as porcentaxes. Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non cambiaría ningunha referencia pois todas ou xa están accesibles telemáticamante a través do campus virtual da materia a información precisa fornécese coas presentacións das clases.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes