Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Dermatoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A sesión maxistral consistirá en clases teóricas expositivas con métodos audiovisuais de apoio (presentacións, vídeos,...).
Facilitarase ao alumnado o material cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela.
Seminario Os seminarios consistirán en actividades grupais onde se traballarán aspectos e conceptos relacionados co exposto na clase maxistral ou conceptos complementarios a estes. Favorecerase a participación e interacción profesor-alumno/a.
Traballos tutelados Realizarase e exporá un traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario e/ou relacionado coa dermatoloxía.
As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e publicarase na plataforma virtual da UDC.
Na cualificación final individual de cada un dos alumnos/as que compón o grupo de traballo tutelado considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición, capacidade de explicar adecuadamente o tema tratado.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o traballo tutelado.
A non realización do traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Neste caso o alumno/a deberá responder na convocatoria de xullo a un cuestionario tipo test relacionado cos traballos tutelados realizados por todo o alumnado.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva presencial tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
Esta proba constará de 2 partes e será necesario superar ambas as partes para poder facer media e dar por superada a proba obxectiva e superar a materia.
A proba obxectiva poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, cos seminarios e con todos aqueles temas de interese que os profesores indiquen e que deberán ser traballados polo alumnado.
O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas así como as pautas da proba.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes