Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Dermatoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A sesión maxistral consistirá en clases teóricas expositivas con métodos audiovisuais de apoio (presentacións, vídeos,...).
Facilitarase ao alumnado o material cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela.
Seminario Os seminarios consistirán en actividades grupais onde se traballarán aspectos e conceptos relacionados co exposto na clase maxistral ou conceptos complementarios a estes. Favorecerase a participación e interacción profesor-alumno/a.
Traballos tutelados Realizarase e expoñerá 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos distintos apartados do temario ou coa dermatoloxía. As pautas para a súa realización así como as datas de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e anunciaranse na plataforma virtual da UDC. A non realización, entrega e/o exposición do Traballo tutelado supón un non apto neste apartado. Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico do traballo realizado, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción. O traballo seguirá as directrices marcadas polo profesorado. Será necesario obter polo menos o 50% de puntuación total do traballo tutelado para superalo.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva presencial de 60 preguntas tipo test. Esta proba supón o 60% da nota total da materia. Esta proba consta de 2 partes (cada parte inclúe 30 preguntas tipo test, equivalentes ao 50% da puntuación sobre o total do 60% asignado a esta proba). O factor de corrección será o seguinte: por cada 3 respostas incorrectas restarase 1 pregunta correcta. Para superar a materia e poder facer media entre ambas as partes desta proba, será necesario superar ambas as partes Esta proba obxectiva poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, sobre os seminarios, os traballos tutelados ou coa bibliografía
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes