Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Dermatoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A101 B28 B30 Valoraráse a asistencia e a participación activa e produtiva ás clases da materia. 10
Traballos tutelados A101 B24 B28 B30 C9 Realizarase e exporá 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario ou coa dermatoloxía.
As pautas para a súa realización así como as datas de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e anunciaranse na plataforma virtual da UDC.
A non realización, entrega e/ou exposición do Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico do traballo realizado, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o traballo tutelado e a materia.
10
Proba obxectiva A101 B28 B30 C16 Realizarase unha proba obxectiva presencial de 70 preguntas tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
Esta proba constará de 2 partes (cada parte constará de 35 preguntas tipo test) e será necesario superar ambas as partes para poder facer media e dar por superada a proba obxectiva e por tanto a materia.
O factor de corrección será o seguinte: por cada 3 respostas incorrectas restará 1 pregunta correcta.
A proba obxectiva poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, cos seminarios e con todos aqueles temas de interese que os profesores indiquen e que deberán ser traballados polo alumnado.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
60
Seminario A101 B24 B30 C9 A asistencia aos seminarios non é obrigatoria.
A puntuación deste apartado realizarase en función da asistencia do alumno e a participación do mesmo cunha valoración maior dos seminarios preseciais.
20
 
Observacións avaliación

CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA: Para poder aprobar a materia a cualificación da "proba obxectiva" é preciso sexa maior ou igual a 5 sobre 10. Se a cualificación é inferior a esta cifra (5), non se sumarán as cualificacións relativas aos apartados "seminario" e "traballo tutelado", e a cualificación será "SUSPENSO", coa nota numérica final a mesma que a do exame. Ademais, a nota total da suma das diferentes metodoloxías de avaliación ha de ser igual ou superior ao 50% da calificación total (5 sobre 10).

Os coñecementos a avaliar non se cinguirán ao que aparece escrito no material de traballo ou diapositivas entregadas polo profesorado. O alumnado deberá complementar a información e os contidos explicados na sesión maxistral e nos seminarios coa bibliografía recomendada. A información recollida nas diapositivas é meramente "informativa" e "de apoio" e non son os "APUNTES DA MATERIA".

MATRICULA DE HONRA: 

O alumnado con nota igual ou superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión a tomará o profesorado e tomarase pola nota máis altas e a participación na aula.


NON PRESENTADO: O alumnado que non se presenten á proba obxectiva serán avaliados como "NON PRESENTADOS", independentemente da participación noutras actividades.

MATRICULA PARCIAL: O alumnado con matricula parcial debe ter en conta que a presencialidade e participación nas diferentes actividades da materia é opcional. O alumno/a debe informar o profesorado desta situación como moito ata 15 días despois do inicio das clases. A asistencia ós seminarios e clases poderá ser sustituida pola realización dun traballo sobre un tema dermatolóxico acordado co profesor responsable da materia ó inicio do curso, traballo que suporá o 10% da nota da materia. Neste caso a proba obxectiva supoñerá o 80 % da cualificación e o traballo tutelado o 10%.

DISPENSA ACADÉMICA No alumnado con solicitude de dispensa académica a asistencia ós seminarios e clases será sustituida pola realización dun traballo sobre un tema dermatolóxico acordado co profesor responsable da materia ó inicio do curso, traballo que suporá o 10% da nota da materia. Neste caso a proba obxectiva supoñerá o 80 % da cualificación e o traballo tutelado o 10%.

OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Neste caso a califición da proba obxectiva suporá o 100% da nota da materia.

2ª OPORTUNIDADE. O alumnado presentado a 2ª oportunidade aplicaranse os mesmos criterios e porcentaxes que na primeira oportunidade. O alumnado que non participase no resto de actividades de avaliación (sesión maxistral, traballo tutelado e seminario) na primeira oportunidade, ten que superar a proba obxetiva e obter un 5 sobre 10 na evaluación final para superar a materia. Pudendo realizar un traballo acordado co profesor responsable da materia en sustitución da nota da asistencia ós seminarios e entregar, de ser o caso, a tarefa de traballo tutelado (se non foi realizada no periodo da primeira oportunidade), en ambolos dous casos o plazo de entrega será 15 días antes do exame de segunda oportunidade.

2ª e POSTERIORES MATRÍCULAS. O alumnado que cursase a materia un ano e non supere a materia, gardaráselle as notas das partes superadas de sesións maxistrais, seminario e traballo tutelado, tendo que repetir as partes non superadas. 

ALUMNADO DE MOBILIDADE-INTERCAMBIO (SICUE/ERASMUS) BILATERAL: No caso do alumnado con condición de estudante de mobilidade debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Este alumnado debe ter en conta que na súa condición a presencialidad  e a participación nas diferentes actividades da materia é opcional no caso de solapamiento de horarios. 

O alumnado poderá obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou coa modalidade na que a proba obxectiva supón o 80% da cualificación e o outro 20% a realización dun traballo consensuado co profesor responsable da materia. Nesta modalidade será obrigatorio superar ambas as partes para superar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes