Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Dermatoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A101 B28 B30 Valoraráse a asistencia e a participación activa e produtiva ás clases da materia. 10
Traballos tutelados A101 B24 B28 B30 C9 Realizarase e expoñerá 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos distintos apartados do temario ou coa dermatoloxía. As directrices, pautas para a súa realización así como as datas de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e anunciaranse na plataforma virtual da UDC. A non realización, entrega e/o exposición do Traballo tutelado supón un non apto neste apartado. Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico do traballo realizado, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción. O traballo seguirá as directrices marcadas polo profesorado. É necesario obter polo menos o 5% de puntuación do 10% posible para superar o traballo tutelado.
10
Proba obxectiva A101 B28 B30 C16 Realizarase unha proba obxectiva presencial de 60 preguntas tipo test. Esta proba supón o 60% da nota total da materia.
Esta proba consta de 2 partes (cada parte inclúe 30 preguntas tipo test, equivalentes ao 50% da puntuación sobre o total do 60% asignado a esta proba).
O factor de corrección será o seguinte: por cada 3 respostas incorrectas restarase 1 pregunta correcta.
Para superar a materia e poder facer media entre ambas as partes desta proba, será necesario superar ambas as partes con polo menos a obtención do 50% de preguntas correctas en cada unha das partes. Neste caso darase por superada a proba obxectiva. Esta proba obxectiva poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, sobre os seminarios, os traballos tutelados ou coa bibliografía.
Unha vez superadas ambas as partes desta proba será necesario obter unha puntuación igual ou superior ao 50% do posible 60% de puntuación total da materia para dar por superar esta proba obxectiva.
A parte superada na primeira oportunidade da proba obxectiva de cada un dos profesores gardarase para a segunda oportunidade.
60
Seminario A101 B24 B30 C9 A asistencia aos seminarios non é obrigatoria.
A puntuación deste apartado realizarase en función da asistencia do alumno e a participación do mesmo cunha valoración maior dos seminarios preseciais.
20
 
Observacións avaliación

CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA CONDICIONES PARA
SUPERAR A MATERIA
: Para poder
aprobar a materia a cualificación da "proba obxectiva" ha de ser
maior ou igual ao 50% sobre o 60% asignado á puntuación da proba obxectiva,
sobre o total da materia. Se a cualificación é inferior a esta cifra, non se
sumarán as cualificacións relativas aos apartados de asistencia a sesione
maxistral, "seminario" e "traballo tutelado", a
cualificación neste caso asignada será “SUSPENSO", cunha nota numérica
igual á do exame. Ademais, a nota total da suma das diferentes metodoloxías de
avaliación ha de ser igual ou superior ao 50% da cualificación total (5 sobre
10).

 Os coñecementos para avaliar non se cinguirán ao que
aparece escrito no material de traballo ou diapositivas entregadas polo
profesorado. O alumnado deberá complementar a información e os contidos
explicados na sesión maxistral e nos seminarios coa bibliografía recomendada. A
información recollida nas diapositivas é meramente "informativa" e
"de apoio" e non son os "APUNTAMENTOS DA MATERIA".

  MATRICULA DE
HONRA
. Os alumnos/as con nota igual ou
superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomaraa o
profesorado e tomarase polas notas máis altas tendo en canta a participación na
aula.

 NON PRESENTADO: Os alumnos/as que non se presenten á proba obxectiva serán avaliados como
"NON PRESENTADOS" independentemente da participación noutras
actividades.

 MATRICULA PARCIAL: Os alumnos/as con matrícula parcial deben ter en conta que a
presencialidad e participación nas diferentes actividades da materia é
opcional. O alumnado debe informar o profesorado desta situación como moito ata
un mes despois do inicio das clases. A asistencia aos seminarios e clases
poderá ser substituída pola realización dun traballo que conterá algún tema
dermatolóxico proposto polo profesorado ao comezo do curso, traballo que
supoñerá o 20% da nota final da materia. Neste caso a proba obxectiva supoñerá
o 80 % da cualificación final da materia e o traballo tutelado o 20%.

 DISPENSA ACADÉMICA: No caso do alumnado con solicitude de dispensa académica, a
presencialidad e a asistencia aos seminarios e clases será substituída pola
realización dun traballo que conterá algún tema dermatolóxico proposto polo
profesorado da materia ao comezo do curso, traballo que supoñerá o 20% da nota
da materia. Neste caso a proba obxectiva supoñerá o 80 % da cualificación e o
traballo tutelado o 20%.

 OPORTUNIDADE
ADIANTADA
: O alumnado que non teña pendente máis de 12
créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico,
ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar
os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación,
que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º
cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado
polo Consello de Goberno. Neste caso a cualificación da proba de resposta
múltiple supoñerá o 100% da avaliación da materia.

  
OPORTUNIDADE
: Ao alumnado presentado a 2ª oportunidade aplicaránselle
os mesmos criterios e porcentaxes da primeira oportunidade. O alumnado que non
participase no resto das actividades de avaliación (sesión maxistral, traballo
tutelado e seminario) na primeira oportunidade, ten que superar a proba
obxectiva e obter un 5 sobre 10 na avaliación final para superar a materia.
Podendo realizar un traballo acordado co profesor responsable da materia en
substitución da nota asignada pola asistencia ás sesións maxistrais e aos
seminarios e entregar, de ser o caso, a tarefa de traballo tutelado (se non foi
realizada no período da primeira oportunidade), en ambos os casos no prazo de
15 días anteriores ao exame de segunda oportunidade. 

A parte superada na primeira oportunidade da proba
obxectiva de cada un dos profesores gardarase para a segunda oportunidade,
neste caso en concreto o alumnado soamente terá que examinarse na segunda
oportunidade da parte da proba obxectiva non superada 

2ª e POSTERIORES MATRÍCULAS: O alumnado que cursará a materia un ano e non supere a materia,
gardaráselle as notas das partes superadas de sesións maxistrais, seminario e
traballo tutelado, tendo que repetir as partes non superadas.

 ALUMNADO DE
MOVILIDAD-INTERCAMBIO (SICUE/ERASMUS) BILATERAL
: No caso do alumnado con condición de estudante de mobilidade debe de
comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do
curso. Este alumnado debe ter en conta que na súa condición a presencialidad e
a participación nas diferentes actividades da materia é opcional no caso de
solapamento de horarios. O alumnado poderá obter a cualificación da materia coa
modalidade ordinaria ou coa modalidade na que a proba obxectiva supón o 80% da
cualificación e o outro 20% a realización dun traballo consensuado co
profesorado responsable da materia. Nesta modalidade será obrigatorio superar
ambas as partes da proba obxectiva para superar a materia.

  O PLAXIO: a realización dos traballos da materia, e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel que se obtivo a través da internet, sen indicación
expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado
con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento

 FRAUDE: A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a falta prodúcese na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira a oportunidade, se fose necesario.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes