Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Quiropodoloxía 1
   Competencias do título
Código Competencias do título
A113 CE49 -Coñecer, diagnosticar e tratar as dermatopatías e queratopatías, o tratamento dos helomas e das súas causas. *Onicoloxía, patoloxía e tratamento conservador do aparello ungueal
A114 CE50 -Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos
A115 CE51 - Coñecer e aplicar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras e procesos infecciosos que afectan ao pé. Coñecer os mecanismos de reparación e cicatrización
A117 CE53 - Coñecer e empregar o instrumental de Quiropodoloxía e cirurxía podolóxica, as técnicas e procedementos en prevención da infección: métodos de limpeza, desinfección, esterilización e os seus controis
A118 CE54 - Coñecer e empregar os métodos da toma de mostras para cultivos a súa derivación e interpretación
A119 CE55 - Coñecer, diagnosticar e tratar os procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé e susceptibles de tratamento quiropodolóxico
A120 CE56 - - Coñecer e aplicar os métodos de estudo, probas complementarias e valoración do paciente candidato a tratamento quiropodolóxico
A121 CE57 -Coñecer e aplicar os protocolos diagnósticos e de catalogación de risco cirúrxico
A123 CE59 - Coñecer e empregar a historia clínica, valorar e aplicar o protocolo preoperatorio e o consentimento informado
A124 CE60 - Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico e a farmacoloxía pre e post cirúrxica
A128 CE64 -Coñecer e aplicar de métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B26 CB4 -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B29 CG02 - Coñecer a estrutura e función do corpo humano en especial da extremidade inferior, semioloxía, mecanismos, causas e manifestacións xerais da enfermidade e métodos de diagnóstico dos procesos patolóxicos médicos e cirúrxicos, interrelacionando a patoloxía xeral coa patoloxía do pé.
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
B34 CG07 - Coñecer, deseñar e aplicar programas preventivos relacionados coa podoloxía e o fomento da atención podolóxica na poboación
C9 CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C14 CT06 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C16 CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C17 CT09 -Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes