Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Quiropodoloxía 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, graficas, esquemas, etc. As sesións maxistrais centraranse nos contidos principais do temario
Facilitarase a o alumnado o temario cos contidos teóricos básicos da materia (sesión maxistral,seminarios e prácticas)
Todo o material estará accesible o alumnado na plataforma Moodle
https:// campusvirtual. udc.es/ moodle/.

Seminario Nos seminarios abordaranse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia, sobre os cales se desenvolverán actividades en grupo.

Prácticas de laboratorio A asistencia á totalidade das prácticas é obrigatoria e ás mesmas cada alumno/a deberá ir provisto de EPIS: máscara, lentes de protección, bata. Así mismo deberá portar un cuaderno, bolígrafo y tesoiras multiusos de uso individual.
Nas prácticas, cada alumno/a debe ser capaz de alcanzar os seguintes obxectivos:
· Coñecer o instrumental, aparataxe e mobiliario necesarios para a práctica da quiropodoloxía.
. Adestrarse no funcionamento, utilización e manexo do instrumental e aparataje.
· Confeccionar unha historia clínica quiropodolóxica.
· Coñecer e realizar distintos tipos de vendaxes e curas de feridas, úlceras e lesions térmicas.
· Realizar técnicas de quiropodia.
· Realizar técnicas de exploración e diagnóstico quiropodolóxico.
· Aplicar métodos de reanimación e resucitación cardiopulmonar.
· Realizar técnicas de tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos.
Ao finalizar todas as prácticas cada alumno/a deberá entregar unha memoria de prácticas no prazo fixado ao comezo da materia.
Ao finalizar todas as prácticas cada alumno/a deberá entregar unha memoria de prácticas seguindo unas directrices determinadas marcadas o inicio da materia e nun prazo de entrega fixado o comenzó do curso.
Traballos tutelados Realizarase un traballo en grupo dun tema relacionado coa materia cuxos requisitos e prazo de entrega comunicaranse ao comezo da docencia da materia.
Proba mixta Exame de preguntas test relacionadas cos contidos da materia tanto das sesións maxistrais como dos seminarios, prácticas de laboratorio e traballos. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes