Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Quiropodoloxía 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 C9 C11 C16 C17 A avaliación dos seminarios avaliarase en función da presencialidade e a participación de cada alumno/a nas actividades a realizar nos mesmos. 8
Proba mixta A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B30 B34 C9 C11 C14 C16 C17 Exame de preguntas test relacionadas cos contidos da materia tanto das sesións maxistrais como dos seminarios, prácticas de laboratorio e traballos tutelados. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.
Para superar a proba será necesario obter o 50% de preguntas correctas do test. Cada 3 respostas incorrectas da próba test, restan 1 resposta correcta.

Queda terminantemente prohibido acudir ao exame con calquera tipo de dispositivo electrónico (incluíndo teléfono, computador, calculadora, tablet, auriculares, gravadora, reloxo). Durante o exame todo o alumnado deberá de manter o pelo recolleito cos pavillóns auditivos visibles.
60
Traballos tutelados A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B34 C9 C11 C16 C17 Avaliarase o contido, metodoloxía e bibliografía consultada do traballo realizado. 15
Prácticas de laboratorio A113 A114 A115 A117 A118 A123 A124 A128 B24 B26 C9 C14 C16 C17 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. A avaliación das prácticas realizarase a través da avaliación continuada dos coñecementos, habilidades e destrezas demostrados nas prácticas e a elaboración e entrega dunha memoria final de prácticas. 17
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario asistir e superar a totalidade das prácticas de laboratorio e superar a proba mixta (co 50% de preguntas correctas do test). Así como obter unha media de 5 na cualificación total da materia incluíndo proba mixta, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados.

No caso de non superar a proba mixta, nas posteriores oportunidades deberá de realizar a totalidade da mesma, indemente de superar algunha das partes.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, seminarios, traballos tutelados do curso académico no que cursase as prácticas de laboratorio segundo as porcentaxes do devandito curso.

Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización da práctica clínicas. A cualificación dos seminarios e traballos tutelados pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma individual e autónoma.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia.

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña un 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa a súa evolución curricular fose significativa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes