Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Quiropodoloxía 2
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Quiropodoloxía 2 Código 750G02126
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Janeiro Arocas, Julia Maria
Correo electrónico
julia.janeiro@udc.es
Profesorado
Janeiro Arocas, Julia Maria
Correo electrónico
julia.janeiro@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral A materia de Quiropodología II forma parte do plan de estudos do título de Grao en Podoloxía como materia obrigatoria. Impártese no segundo cuadrimestre e consta de 6 créditos (4 Cr. teóricos e 2 Cr. prácticos). Proporciona ao alumnado coñecementos sobre: afeccións da pel susceptibles de tratamento quiropodológico: dermatopatías e queratopatías. O tratamento dos helomas e das súas causas. Toma de mostras para cultivos. Estudo e valoración do paciente candidato a tratamentos quiropodológicos. Coñecer e aplicar probas complementarias en Quiropodología. Onicología, patoloxía e tratamento conservador do aparello ungueal.
Plan de continxencia 1.Modificacións nos contidos, Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías. Metodoloxías docentes que se manteñen: Proba mixta presencial, traballos tutelados. Metodoloxías docentes que se modifican atendendo no seu momento ás directrices sanitarias derivadas da situación covid-19 e segundo normativa da Facultade ( https:// udc.es/é/ fep/coronavirus/.)e a UDC: Sesión maxistral, Seminarios, presentación e exposición de traballos tutelados, para estas actividades o alumno ou parte do grupo de alumnos que en caso de motivos de corentena ou confinamento, non poidan acudir á sesión presencial terá que acreditalo adecuadamente e comunicalo por correo electrónico ao profesorado; neste caso e si as circunstancias son adecuadas , permitirase a súa participación en directo por Teams . Nestas mesmas circunstancias (corentena ou confinamentodo) alumno, previa acreditación xustificada e notificación ao profesorado, permitirase ao alumno recuperar a práctica mediante o cambio excepcional de grupo de prácticas, sempre que isto sexa factible tendo en conta o tipo e operatividade da práctica, atendendo ao nº de alumnos, dispoñibilidade de aparataxe utilizado, instrumental e material necesarios para a realización de dita práctica; en caso de confinamento total substituiranse por sesións en teams e análises de vídeos . 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Realizarase a través dos medios telemáticos institucionais da UDC. 4. Modificacións na avaliación: * Observacións de avaliación: Proba mixta, no caso de que se dean as circunstancias de apartados anteriores ( corentena ou confinamentodo) previa comunicación e acreditación xustificada ao profesorado e sempre en modalidade presencial permitirase realizar unha proba mixta atendendo á normativa da UDC, antes da data de peche de actas. En caso de confinamento total a realización da proba mixta, clase maxistral, prácticas, seminarios, presentación e exposición de traballos realizarase vía telemática mantendo as porcentaxes. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes