Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Quiropodoloxía 2
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02104
Microbioloxía e parasitoloxía /750G02107
Quiropodoloxía 1/750G02125
Conceptos Xerais de Cirurxía/750G02127

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia /750G02117
Diagnóstico por Imaxe/750G02112

Materias que continúan o temario
Podoloxía Preventiva [a extinquir]/750G02015
Cirurxía Podolóxica 2/750G02129
Traballo Fin de Grao/750G02133
Prácticum II/750G02135
Prácticum III/750G02136
Dermatoloxía/750G02124
Prácticum I/750G02134
Técnicas de Anestesia e Reanimación en Podoloxía/750G02138
Terapéutica Farmacolóxica/750G02122
Cirurxía Podolóxica 1/750G02128
Pé de Risco/750G02131

Observacións

Gravación e fotografía. Non se poderán gravar nin fotografar, nin as clases, seminarios, talleres, exposición de traballos nin prácticas de laboratorio salvo naqueles casos excepcionais nos que a docente outorgue  a súa autorización expresa e as persoas interesadas dean o seu consentimento.

 IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Para a realizarción das prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible acudir ás mesmas provistos de bata branca, lentes de protección, máscara, bolígrafo, caderno e tesoiras multiusos. Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de prácticas para configurar o cronograma e a relación de materiais necesarios para estas prácticas de laboratorio, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia.

 Para un mellor aproveitamento das prácticas é recomendable que o alumno/a dispoña do seguinte instrumental: Mango de bisturí do nº 3 e follas de bisturí do nº 15, pinzas de disección s/d, mosquito s/d e porta-agullas.

 Obxectivos de desenvolvemento sostible: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol".

 • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase e entregaranse en formato dixital, sen impresión nin emprego de plásticos. No caso de ser necesario a utilización de papel a impresión será a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.

 • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural teniendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

• Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalo fomentando valores de respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Plaxio: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel que se obtén a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese dar lugar tras o correspondente procedemento.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes