Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Conceptos Xerais de Cirurxía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Conceptos Xerais de Cirurxía Código 750G02127
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Gil Manso, Pedro
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
Profesorado
Gil Manso, Pedro
Romero Soto, Manuel
Santalla Borreiros, Fátima
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
manuel.romero.soto@udc.es
f.santalla@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Infección relacionadas coa asistencia sanitaria: concepto, características, prevención e control en podoloxía. Instrumental quirúrgico. Métodos de limpeza, desinfección e esterilización del instrumental de cirurxía e quiropodología. Prevención de la infección nos actos cirúrxicos. Principios básicos de la historia clínica, protocolo preoperatorio y consentimiento informado. Xestión de residuos en ambientes clínicos e cirúrxicos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se cambian os contidos. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral, Taller, Aprendizaxe colaborativa, Prácticas de laboratorio, Proba obxectiva. Metodoloxías docentes que se modifican As Sesión maxistrais e os Seminarios, para aqueles alumnos que por motivos de corentena ou confinamento non poidan acudir presencialmente (que deberán de acreditar adecuadamente a través do campus virtual da materia e comunicándoo o mesmo día ao docente da materia por correo electrónico), farase de forma telemática, se é posible participando en directo telemáticamente na sesión do TEAMs da Materia (coa cámara activa) e se esta opción non fose posible polas circunstancias médicas do alumno ou o docente, participando en diferido entregando 10 preguntas tipo test do tema tratado na clase/seminario coa xustificación da corrección ou falsidade de cada unha das 4-5 opcións de resposta. As prácticas de laboratorio no caso de non poder realizarse nas datas asignadas a cada grupo por illamento dun ou varios alumnos (debidamente acreditado), en primeira opción recuperaranse intercambiando as datas de todos o grupo co seguinte grupo que lle correspondería a práctica, se isto xa non fose posible ou non puidese realizarse pola situación epidemiolóxica e as restricións asociada, recuperaríanse en canto cando as condicións sanitarias permítano en datas acordadas polo docente. No caso de que as restricións sanitarias impidan que poidan levar cabo as prácticas, estas serán substituídas pola elaboración dun traballo individual de procura bibliográfica sobre as alternativas aos tratamentos de descarga e protetización de amputacións coa elaboración dun vídeo de simulación de elaboración dalgunha destas técnicas. Nos traballos tutelados no caso de que a participación no desenvolvemento, exposición e defensa dos traballos non poida facerse presencialmente na aula, valorarase pola asistencia (con cámara activa) e a participación nas reunións do grupo dentro do TEAMs da materia. O caso da exposición e defensa dos traballos, aqueles que por problemas de conectividade ou motivos xustificados (debidamente acreditados), participen en diferido, poderán gravar a súa intervención (que poñerá en común o resto do grupo) e deberán de facer un breve resumo e valoración individual de cada un dos traballos de todos os grupos de alumnos. Os alumnos que na data de convocatoria do exame se encontren en situación de confinamiento/cuarentena por positivo en COVID19 ou contacto estreito (de xeito debidamente acreditado cun máximo de tres días posteriores o exame), faráse una convocatoria de exame presencial ó final dos días de confinamento protocolario, proba que deberá de realizarse antes do último día de peche de actas de esa oportunidade, non sendo posible en ningún caso realizar o exame de xeito telemático. Só no caso de que as restricicions as activides presenciais xeneralizadas que incluyán especificamente as convocatorias de exames oficiais (como no confinamento total por estado de excepción ou alarma) o exame (proba de resposta múltiple) farase a través do propio campus virtual da materia de forma telemática, na que cada alumno estará conectado simultaneamente a través de TEAMS mediante a pantalla e a cámara do seu propio teléfono móbil, que deberá de estar activa durante todo o proceso e mostrando todo o espazo de traballo. A través do TEAMS, comunicarase a clave de inicio do test e cada alumno poderá expor as dúbidas que teña (previa chamada de atención) de forma xenérica (que non identifique a resposta correcta), xa que será escoitada polo resto de estudantes. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Non cambian, faranse vía telemática. 4. Modificacións na avaliación No caso de que a realización do exame (proba obxectiva) tampouco sexa posible vía telemática, a súa porcentaxe levará ao Taller (10%), Aprendizaxe colaborativa (25%), Prácticas de laboratorio (25%) e a elaboración dun esquema-resumen que cada estudante fará individualmente de cada unha das sesións maxistrais (40%). Observacións de avaliación: - Os cambios produciranse se as condicións sanitarias así o obrigan. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non cambiaría ningunha referencia pois todas ou xa están accesibles telemáticamante ou a información precisa fornécese coas presentacións das clases.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes