Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Cirurxía Podolóxica 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse como clases expositivas participativas con importante apoio audiovisual.
A través da plataforma virtual da UDC ofreceranse materiais didácticos para apoiar os contidos do temario.
A exposición oral compleméntase co uso de ferramentas audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de reflexionar sobre os coñecementos aprendidos.
A participación e achega activa e con criterio que denote coñecemento e seguimento dos conceptos teóricos explicados na aula cualificarase con 1 punto sempre que, a criterio dos docentes, haxa constancia desta participación nos controis periódicos que levarán a cabo.
A mera asistencia sen participación e/ou achegas insuficientes, fóra de contexto ou erróneas non computará na avaliación final (0 puntos).
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade e o seu obxectivo é que o alumnado desenvolva unhas habilidades básicas no manexo de instrumental cirúrxico e coñeza aqueles aspectos básicos de interese que forman parte do protocolo prequirúrgico.
A ausencia a ditas prácticas só xustificarase en caso dalgunha das seguintes causas, debidamente acreditadas (xustificante médico Sergas ou Servizo Nacional Público de Saúde) imprescindible que deberá entregarse antes de transcorridos 7 días de ausencia ao profesor responsable da materia), enfermidade ou lesión que incapacita para realizar a práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Senado ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica. O alumnado terá dereito a non recuperar ata un máximo de 1 práctica, un maior número de ausencias xustificadas ou a existencia de ausencias inxustificadas suporá o suspenso da materia.
O alumnado deberá asistir ás prácticas de laboratorio incorporándose ao grupo que lles sexa asignado.
Realizarase un control de asistencia no que o alumnado deberá asinar.
A firma é a garantía da asistencia á práctica, polo que a ausencia desta pode entenderse como falta á práctica de laboratorio.
A puntualidade ás prácticas e ter un comportamento adecuado durante as mesmas cumprindo coa normativa da UDC é de obrigado cumprimento polo que se penalizarán as reiteradas faltas de puntualidade podendo chegar a supor o suspenso da materia.
AVISO: É requisito imprescindible acudir a eles con bata ou pixama branco e bolígrafo.
Seminario Os seminarios traballarán aspectos específicos do temario mediante o desenvolvemento de actividades en grupos e / ou cuestionarios tipo test que servirán para profundar nos contidos da materia.
Tamén será posible traballar con textos en inglés e / ou español indistintamente.
En ocasións o traballo realizado nos seminarios verase reflectido na entrega e presentación dunha actividade individual ou grupal.
A asistencia aos seminarios e a realización das actividades puntuadas polo profesor son obrigatorias na súa totalidade e non poden ser recuperadas nin substituídas por outra actividade da materia sendo necesaria para chegar á metade da puntuación total dos seminarios para aprobar a materia.
En caso de non logralo, na convocatoria de xullo o alumno/a deberá responder a un cuestionario tipo test relacionado coas diferentes temáticas abordadas nos seminarios da materia.
A ausencia aos seminarios só xustificarase en caso dalgunha das seguintes causas, debidamente acreditadas (xustificante médico Sergas ou Servizo Nacional Público de Saúde) imprescindible que deberá entregarse antes de transcorridos 7 días de ausencia ao profesor responsable da materia), enfermidade ou lesión que incapacita para realizar a práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data do seminario, asistencia a unha sesión do Senado ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data do seminario.
En caso de ausentarse justificadamente do seminario, o alumno terá dereito a non recuperar ata un máximo de 2 ausencias, estando aínda xustificadas un maior número de ausencias ou a existencia de ausencias inxustificadas suporá o suspenso da materia.
Todo o alumnado deberá asistir aos seminarios uníndose ao grupo que foi asignado.
Haberá control de asistencia.
A puntualidade na asistencia é obrigatoria polo que se rexistrarán os atrasos.
A falta de puntualidade será sancionada e pode dar lugar ao suspenso da materia.
Traballos tutelados Realizarase e exporá un traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario e/ou relacionado coa cirurxía podológica.
As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e publicarase na plataforma virtual da UDC.
Na cualificación final individual de cada un dos alumnos/as que compón o grupo de traballo tutelado considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición, capacidade de explicar adecuadamente o tema tratado.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o traballo tutelado.
A non realización do traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Neste caso o alumno/a deberá responder na convocatoria de xullo a un cuestionario tipo test relacionado cos traballos tutelados realizados por todo o alumnado.
Proba obxectiva Realizarase unha proba presencial obxectiva tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, con casos clínicos vistos na aula, coas prácticas de laboratorio, cos seminarios e con aqueles temas de interese que os profesores indiquen e que deberán ser traballados polo alumnado.
O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
Cara á metade do cuadrimestre en data que será notificada aos alumnos e publicada con suficiente antelación realizarase unha proba parcial individual dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento e que ten por obxecto valorar a capacidade de razoamento, creatividade e espírito crítico do alumno.
Esta proba parcial será tipo test, forma parte da proba obxectiva e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumno non terá nin poderá volver examinarse dos contidos xa avaliados e superados.
Esta proba parcial liberatoria ten un valor do 25% sobre o porcentaxe total da proba obxectiva.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial. As pautas para a súa realización daranse o día da presentación da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes