Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Cirurxía Podolóxica Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B24 B25 B26 B30 B31 C9 C11 C15 Na cualificación do traballo considerarase a idoneidade do tema escollido, o rigor científico, a capacidade de síntese e de crítica e a adecuación da bibliografía consultada. 10
Presentación oral B36 B37 B39 C14 C16 C17 A avaliación da presentación oral do traballo tutelado realizarase tendo en conta os seguintes puntos: presentación do caso (modo de expresión, uso das tecnoloxías da información e capacidade de comunicarse), e a calidade e capacidade de dar resposta dás preguntas realizadas despois da exposición e en relación ó caso. 10
Proba de resposta múltiple A117 A122 A123 A124 A126 A127 A130 B24 B25 O alumno deberá realizar unha proba de 60 preguntas tipo test con resposta múltiple (con 4 ou cinco opcións), sendo solamente unha das opcións correcta.

Cada resposta correcta valerá 1 punto, e por cada 3 preguntas incorrectas, se restará 1 punto.

O aprobado do exame estará en 30 preguntas netas correctas (30 puntos) (unha vez descontadas as respostas incorrectas).

É necesario aprobar o exame para poder aprobar a materia.

As respostas serán evaluadas únicamente na plantilla de respostas do examen.
80
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso,
5-6.9=Aprobado,
7-8.9=Notable,
9-10=Sobresaliente,
9-10 Matrícula de Honra (Graciable). 

Outorgarase Matrícula de Honra Graciable, ao alumno coa maior puntuación global sempre que sexa maior de 9.5. No caso de que o número de matrículas que se poidan outorgar sexa menor que o número de alumnos coa maior puntuación global, outorgarase matrícula de honra a aqueles alumnos coa maior nota no exame. Se continua sendo menor o número de matriíulas de honra que se poden outorgar terase en conta a nota da presentación oral do traballo tutelado, o traballo tutelado escrito e por último os días de asistencia a clase.

Alumnos con matrícula a tempo parcial (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso) e dispensa académica: A presentación oral dos traballos tutelados será acordada co alumno/a sen ter que ser ou día que lle corresponde. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.


Considerarase non presentado: aquel alumno que non realice o traballo tutelado nin a presentación oral e non asista ao exame final.

IMPORTANTE: Para aprobar á asignaturá será imprescindible aprobar a proba de resposta múltiple e ter realizados os traballos tutelados así como a presentación oral.

A asistencia a clase e os obradoiros non é obrigatoria, máis é recomendable, e poderán ser tidos en conta de cara a puntuación final da asignatura. 

Para o alumnado de SICUE/ERASMUS que puidese acollerse á modalidade de avaliación, a avaliación valorarase procurando evitar a coincidencia con outra materia que cursen simultaneamente.



IMPORTANTE:

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario". 


 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes