Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Pé de Risco
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A115 A116 B34 C11 C13 Para a puntuación dos SEMINARIOS valorarase tanto o número de asistencias como a participación na aula. 5
Traballos tutelados B24 B26 B34 C11 Na avaliación do PROXECTO PREVENTIVO terase en conta a calidade do mesmo, a aplicabilidade e a mellora da formación dos pacientes prevista.
Así mesmo valorarase a calidade da exposición aínda que só exporán os 2-3 mellores traballos.
Para o resto de grupos a porcentaxe da cualificación deste apartado correspondente á exposición (30%) avaliarase a actividade alternativa (a realización de vídeos explicativos -para publicar en redes sociais- dirixidos a mozas diabéticos con diabetes tipo 1 ou a maiores de 65 anos diabéticos tipo 2 explicando a prevención de lesións e o coidado dos pés ou dirixida a persoal de enfermería explicando de forma práctica as características das lesións dos pés dos pacientes diabéticos diferenciando do resto de patoloxía podolóxica).
5
Proba mixta A115 A116 A119 Este exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvoltos tanto nas sesións maxistrais, coma nos seminarios, talleres e nas prácticas de laboratorio e que serán publicados no Campus Virtual (plataforma Moodle) da materia.
O exame teórico realizarase presencialmente e empregando o Campus Virtual da materia. Constará dun exame final tipo test de 30 preguntas test e 5 preguntas de desenvolvemento. Para superar a proba teórica con cualificación de aprobado será necesario superar o 50% das preguntas do exame tipo test, 3 das preguntas de desenvolvemento.

INSTRUCIÓNS DO EXAME TEST:
-Cada pregunta test respondidas de forma incorrecta descontará o valor de 1/2 (-50%) dunha pregunta correcta. En cada pregunta test só hai unha resposta totalmente correcta.
- Unha vez aberto o cuestionario as preguntas tipo irán aparecendo unha a unha (preguntas e respostas que son diferentes e en orde aleatoria para cada estudante), gardando tras cada paso á pregunta seguinte a resposta marcada (onde sempre hai unha engadida de Non sabe/Non contesta), polo que en caso dalgún fallo puntual de conexión ou do sistema poderase volver conectar e volver á última pregunta non contestada.

INSTRUCIÓNS DO EXAME DE DESENVOLVEMENTO:
- As respostas ás preguntas de desenvolvemento poden contestarse en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
- A resposta á pregunta exposta, cubrirase nos espazos dispoñibles para a resposta no Campus Virtual da materia.

NORMAS XERAIS DO EXAME:
- Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos, botellas e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos percheros e mesas do fondo da clase.
- Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles.
- Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, a tarxeta identificativa do estudante (DNI ou tarxeta UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables.
- A conexión realizarase a traves da rede wifi propia da UDC EDUROAM (previamente configurada), sendo necesario ter instalado o aplicativo Safe Exam Browser no equipo.
- Durante o exame no computador só estará aberta a xanela co navegador (recoméndase Google Chrome) coa única pestana de acceso ao Campus Virtual no cuestionario do exame e o Administrador de Tarefas do Sistema, mostrando todos os programas activos.
- A copia, o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móbiles, auriculares e reloxos de calquera tipo) así como a gravación ou captura de pantalla será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades).
- Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula.
- Ao finalizar o exame (antes de apagar a equipa e pechar o navegador e a sesión), cada estudante avisará ao docente responsable da proba de que finalizou o exame e mostrará a sua equipa coa evidencia de ter entregado o exame, os últimos documentos creados na equipa e o contido do portapapeles.
- O incumprimento destas normas suporá o suspenso automático do exame cunha cualificación de 0,0.
60
Sesión maxistral A116 A119 Valorarase a asistencia e a participación activa ás clases e actividades na aula. 5
Prácticas de laboratorio A115 A116 B30 Será obrigatoria a asistencia á totalidade das PRÁCTICAS, superar a valoración final das mesmas e a entrega dunha memoria de prácticas a través do Campus Virtual da materia.
Puntuarase tanto a asistencia e o desenvolvemento da práctica, a avaliación final das mesmas e a memoria das prácticas (describindo os procesos realizados, con fotografías desde todas as perspectivas de todos os tratamentos elaborados durante as prácticas, cunha análise crítica das mesmas e realizando unha valoración persoal das prácticas).
10
Traballos tutelados A115 A116 C11 C13 No traballo da CREACIÓN DUNHA UNIDADE DE PÉ DIABÉTICO valorarase tanto a calidade do mesmo, a xustificación bibliográfica das afirmacións expostas, a aplicabilidade, a concreción nunha localidade e centro real e a innovación do mesmo sendo moi relevante o desenvolvemento de todos os apartados do mesmo, moi especialmente a xustificación, os obxectivos, a organigrama, estrutura ou formulación do proxecto así como os protocolos e follas clínicas da unidade.

Para a súa valoración será imprescindible a asistencia e participación na exposición e defensa do proxecto na aula así como acudir á exposición e defensa do traballo do resto de grupos.
10
Obradoiro A115 A116 A119 B24 B30 Será obrigatoria a asistencia ó mesmo, para a puntuación do OBRADOIRO DE EXPLORACIÓN DE PÉ DIABÉTICO valoraráse a asistencia ao mesmo, o desenvolvemento de cada estudante, así como a entrega e avaliación do informe do doente. 5
 
Observacións avaliación

Para a modalidade ordinaria de avaliación: o 60% da avaliación de materia depende por tanto da proba obxectiva que neste caso será unha proba mixta. Por outra banda, o 15% da cualificación depende así mesmo dos traballos tutelados (un 10% do traballo de creación dunha unidade de pe diabético e outro 5% do traballo de prevención). A realización e capacidade durante as prácticas de laboratorio supón o 10%. Finalmente, o 15% da cualificación da materia dependerá do a avaliación e seguimento contínua entendendo como tal as sesións maxistrais (5%), os seminarios (5%) e os talleres (5%).


 Para superar a materia é necesario ademais de alcanzar 5 sobre 10 no total da materia, asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e talleres, superar a cualificación do exame tipo test con máis de 5 sobre 10 (15 preguntas netas correctas) e superar a cualificación do exame de desenvolvemento como con máis de 5/10 (máis da metade da puntuación máxima). Polo que no caso de que a cualificación dalgunha das partes imprescindibles para aprobar a materia (cualificación do test, cualificación do exame de desenvolvemento, cualificación das prácticas e seminarios) sexa inferior a 5/10 a cualificación final será de suspenso e a valoración numérica calcularase pasando a cualificación calculada da parte que motiva o suspenso sobre 10 e sumada porcentualmente ao resto de cualificacións, sempre que dita suma non supere o 4,0/10 nese caso reflectirase o 4,0 como cualificación final da materia. 

 A cualificación de NON PRESENTADO: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan á totalidade das prácticas e talleres independentemente da súa participación no resto de actividades, incluída a proba mixta. 

 As condicións para a obtención dunha MATRÍCULA DE HONRA son que a alumno obteña máis dun 95% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nos seminarios, talleres e prácticas fose significativa.
 
 2ª OPORTUNIDADE: O alumnado presentado a 2ª oportunidade aplicaranse os mesmos criterios e porcentaxes de avaliación de cada metodoloxía que na primeira oportunidade. Poderá volver realizar os traballos tutelados (se obtivese unha cualificación inferior a 5/10), neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 7 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade. Terá que repetir, en calquera caso, o exame final da materia (tanto o test coma as preguntas de desenvolvemento), non sendo posible recuperar nin prácticas, nin talleres, nin clases, nin seminarios que non fosen cursados e superados no período lectivo de primeira oportunidade.
 CONVOCATORIA DE SEGUNDA E POSTERIORES MATRÍCULAS: Para aqueles alumnos que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final (tanto o test coma as preguntas de desenvolvemento), tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, seminarios, talleres, traballos tutelados e clases maxistrais do curso académico no que cursase as prácticas de laboratorio.

 Para alumnado con MATRÍCULA PARCIAL: poderán obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou modalidade na que a proba mixta supón o 60% da cualificación, o 10% das prácticas de laboratorio, o 10% correspondente aos talleres, o 10% ao traballo de creación da unidade de pé diabético e o 10% un traballo individual onde se desenvolva un traballo e presentación un tema da materia a proposta do docente. Nesta modalidade será obrigatorio superar o exame, as prácticas e os talleres para superar a materia. 
 Para o alumnado con DISPENSA ACADÉMICA a súa cualificación corresponderá o 60% coa nota obtida na proba mixta, o 10% das prácticas de laboratorio, o 10% correspondente aos talleres, o 10% ao traballo individual de creación da unidade de pé diabético e o 10% un traballo individual onde se desenvolva un traballo e presentación un tema da materia a proposta do docente. Nesta modalidade será obrigatorio superar o exame, as prácticas e os talleres para superar a materia. 

 Estudantes SICUE, ERASMUS e BILATERAL: poderán obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou modalidade na que a proba mixta supón o 70% da cualificación, o 10% das prácticas de laboratorio, o 10% correspondente aos talleres e o 10% un traballo individual onde se desenvolva un traballo de dous temas da materia a proposta do docente, nesta modalidade será obrigatorio superar o exame, as prácticas e os talleres para superar a materia. 

 Convocatorias da OPORTUNIDADE ADIANTADA DE AVALIACIÓN: Para aqueles alumnos que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico-práctico final cuxa cualificación supoñerá o 100% da cualificación da materia.

 Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

 A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

 A fin de establecer un proceso de mellora contínua da CALIDADE de materia e facilitar a participación de todo o alumnado da mesma, cubrindo as tarefas no Campus Virtual da materia sobre a valoración da calidade da mesma poderanse sumar ata +0,4 puntos á puntuación da materia, a condición de que a suma destes puntos non supoña o aprobado da mesma, non podendo supoñer a obtención da cualificación de matrícula de honra. Esta puntuación virá determinada por: 
  • Cubrir a enquisa de AVALIEMOS (http://www.udc.gal/avaliemos) [7 días antes da data de peche de actas da 1ª oportunidade]: + 0,25 puntos. Enviando a evidencia de cubrila a través da tarefa do Campus Virtual da materia. 
  • Valoración persoal de materia, describindo brevemente e de forma construtiva o que consideras o mellor e o peor da docencia dá a materia así como proposta de cambios [12 días antes da data de peche de actas da 1ª oportunidade]: + 0,1 puntos. Realizando o envío dun arquivo a través da tarefa do Campus Virtual da materia co nome Apelido1_Apelido2_Nome-VALORACION.doc 
  • Contabiliza o total de horas dedicadas á materia [12 días antes da data de peche de actas da 1ª oportunidade]: + 0,05 puntos . Cubrindo a enquisa respecto diso no campus Virtual da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes