Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico Aplicadas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A139 B24 B25 B26 B27 B35 B36 B39 C9 C10 C11 C13 C16 C17 Traballos prácticos nos que se leven á práctica os contidos traballados nas clases co apoio das docentes 50
Proba obxectiva A139 B24 B25 B26 B27 B35 B36 B39 C9 C10 C11 C13 C16 C17 Proba escrita que se realizará na data oficial de exame da materia. 50
 
Observacións avaliación

A materia BASES PARA A INTERPRETACIÓN DO
COÑECEMENTO CIENTÍFICO APLICADAS
CONSTA DE 3 bloques:


  • Busca de
    Información e Comunicación Científica. 
    (1 ECT). (Prof. María Sobrido
    Prieto)

  • Metodoloxía
    da Investigación Cuantitativa. 
    (1 ECT). (Prof. María Teresa
    Seoane Pillado / Prof. Sonia Pértega Díaz)

  • Metodoloxía
    da Investigación Cualitativa. 
    (1 ECT). (Prof. María Jesús
    Movilla Fernández)

A materia será avaliada globalmente de acordo
coas porcentaxes seguintes:

i) Proba obxectiva (50%
da cualificación):

Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia, que poderá
constar de preguntas test, preguntas de resposta breve e/ou exercicios de
cálculo relacionados cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os
problemas expostos no desenvolvemento da materia. Calificarase de 0 a 10
puntos, sendo imprescindible obter 5 puntos ou máis para superar a materia.

ii) Traballos prácticos (50% da
cualificación):
Proporase un traballo
práctico que deberá resolverse en grupos pequenos. Será cualificado de forma
independente con respecto ós contidos de cada un dos tres bloques, de 0 a 10 puntos,
sendo imprescindible obter 5 puntos ou máis no traballo proposto en cada bloque
para superar a materia. A cualificacion final nesta metodoloxía será o promedio
das cualificacións das tres partes das que constará o traballo final.

Para superar a materia será
necesario ter aprobada a proba obxectiva, así como cada
un dos traballos prácticos 
que se pidan como parte da avaliación continua. No
caso de non acadar os 5 puntos na proba obxectiva, ou no traballo práctico en
algún dos tres bloques, a nota que figurará na acta será de 4.  

Por limitacións da plataforma, o contido
deste punto é orientativo. Nos primeiros días de clase as docentes comentarán detalladamente
o proceso de avaliación.

MATRÍCULA DE HONRA

Poderán optar a Matrícula de Honra o alumnado
coas cualificacións máis elevadas cuxa nota supere os 9 puntos. As
docentes da materia poderán considerar criterios adicionais en caso de igualdade
de condicións e tendo máis aspirantes que matrículas. Os aspirantes poderán ser
convocados a unha proba voluntaria obxectiva para asignar matrícula de honra ás
mellores cualificacións

NON PRESENTADO

A cualificación de Non Presentado corresponderalle
á/o alumna/ou que non se presente á proba obxectiva de avaliación.

MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL E DISPENSA
ACADÉMICA

O sistema de avaliación descrito aplicará
tamén ó alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica de
asistencia. Deberán contactar coas docentes da materia ó inicio do curso
académico.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

O sistema de avaliación
descrito aplicará ao alumnado de 1ª matrícula tanto en 1ª como en 2ª
oportunidade. Na 2ª oportunidade manteranse aprobados os traballos
prácticos que se teñan superados na 1ª oportunidade dentro da mesma
convocatoria. De igual modo, se é o caso, manterase o aprobado da proba
obxectiva entre oportunidades da mesma convocatoria.

SEGUNDA CONVOCATORIA E SUCESIVAS

O alumnado de segunda convocatoria e
sucesivas deberá poñerse en contacto coas profesoras ó inicio do cuadrimestre. O
sistema de avaliación descrito aplicará ó alumnado en 2ª matrícula ou
posteriores. No caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se
conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores
.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Os criterios son os establecidos nas
"Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dous
estudos de grao e máster universitario", artigo 19.

SICUE, ERASMUS e BILATERAL

Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que
o descrito para o alumnado de convocatoria ordinaria.

FRAUDE













































A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a
estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes