Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Traballo Fin de Grao
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumno debe desenrolar baixo a tutela do seu tutor/es un traballo seguindo as especificacions do regulamento para a elaboración dos traballos de fin de grao na facultade de enfermería e Podoloxía.
O traballo realizado deberá seguir o esquemas dunha das seguintes modalidades (https://www.udc.es/gl/fep/traballo_fin_grao/):
- Revisión narrativa
- Revisión sistemática
- Estudo dun caso
- Proposta de investigación
- Traballo de investigación
Presentación oral Unha vez que o estudante obteña a autorización de defensa do traballo e unha calificación igual ou superior a 3,5 sobre por parte do seu titor, deberá solicitar a defensa do mesmo seguindo o regulamento do TFG da Facultade de Enfermaría e Podoloxía.
Deberá de defender o traballo ante o tribunal asignado, seguindo o regulamento de TFG da Facultade de Enfermaría e Podoloxía (https://www.udc.es/gl/fep/traballo_fin_grao/).

A defensa, que será presencial e pública, consistirá na exposición oral do traballo durante un tempo máximo de 10 minutos, en que se dará conta dos seus aspectos máis salientables. O alumnado poderá axudarse dos medios informáticos e audiovisuais que estime pertinentes.
A exposición oral realizarase en galego ou castelán.
Logo da exposición, os membros do tribunal poderán formular as preguntas e solicitar as aclaracións que consideren oportunas para poder xulgar a exposición e defensa, ás cales os alumnos deberán dar resposta. O tempo máximo establecido para esta defensa será de 15 minutos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes