Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Prácticum I Código 750G02134
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Alonso Tajes, Francisco
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
Profesorado
Alonso Tajes, Francisco
Barros García, Gonzalo
Bernabeu Pena, Carolina
Carballo Díaz, Juan Luis
Freijomil Vázquez, Carla
Lopez Lopez, Luis
López Martínez, Noemia Zeltia
Martínez Vázquez, María
Monteagudo Sánchez, Beningo
Pérez García, Sergio
Romero Soto, Manuel
Rosende Bautista, Carolina
Santalla Borreiros, Fátima
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
gonzalo.barros@udc.es
carolina.bernabeu@udc.es
juan.carballo1@udc.es
carla.freijomil@udc.es
luis.lopezl@udc.es
zeltia.lopezm@udc.es
maria.martinez.vazquez@udc.es
benigno.monteagudo.sanchez@udc.es
sergio.perez.garcia@udc.es
manuel.romero.soto@udc.es
carolina.rosende@udc.es
f.santalla@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal/login/index.php
Descrición xeral O Prácticum consiste en prácticas clínicas que se desenvolverán, principalmente, na Clínica Universitaria de Podoloxía da Universidade da Coruña co fin de desenvolver as competencias que permitan ao alumnado incorporar á súa formación as competencias fundamentais e os valores profesionais para o exercicio da profesión podolóxica. Estas prácticas clínicas inclúen a participación do alumnado no proceso de atención podolóxica integral con pacientes reais, sempre baixo a supervisión dun profesional que guiará ao alumnado no proceso da aprendizaxe clínica. Tamén se desenvolverán outras actividades en forma de seminario ou sesións clínicas nas que se abordarán contidos e competencias relacionadas coa práctica clínica como o estudo e discusión de casos clínicos, interpretación de probas complementarias ou realización de informes. Para cursar as materias do Prácticum os alumnos/as deben haber superado previamente 90 créditos da primeira metade do plan de estudos, tendo a obriga de haber cursado (superadas ou non, e con unha calificación diferente a non presentado) ás materias de: Anatomía xeral, Anatomía específica do membro inferior Podoloxía Xeral, Conceptos Xerais de Ciruxía, Patoloxía Xeral aplicada en Podoloxía, Farmacoloxía, Biomecánica do membro inferior, Diagnóstico por imaxe, Patoloxía Podolóxica I, Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia, Ortopodoloxía I e Ortopodoloxía II, Quiropodoloxía I e Quiropodoloxía II. Os contidos que se desenvolverán no Prácticum I son: Método clínico en podoloxía. Historia clínica podológica: rexistro da información obtida. Técnicas de exploración física. Actividades radiolóxicas propias da podoloxía. Probas complementarias e a racionalización do seu uso. Diagnóstico e prognóstico. Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. Protocolos: execución e avaliación. Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos. Elaboración e interpretación de informes clínicos. Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica. Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes. Calidade asistencial na práctica da podoloxía. Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas
Plan de continxencia As presentes medidas de plan de continxencia recollen liñas xerais que poden sufrir modificacións en función da evolución da pandemia COVID-19 e a promulgación de decretos e normativas que podan afectar a o normal desenvolvemento da asignatura. ALUMNADO EN CONFINAMIENTO / CUARENTENA Os alumnos/as en confinamiento/cuarentena por positivo en COVID19 ou contacto estreito deberán seguir as medidas previstas por sanidade e a normativa da UDC. As ausencias computaranse según o previsto no apartado de avaliación para supostos de faltas xustificadas. OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN NO CASO DE RESTRICCIÓNS DE PRESENCIALIDADE XERALIZADA (aplicables solo en caso de estado de alarma, excepción o calquera outra restricción que afecte de manera xeral a o desenvolvemento normal da actividade presencial e atribuido á pandemia COVID19): Para poder ser avaliados e optar a superar a materia do Prácticum I, os estudantes deberán superar un número de horas mínimo equivalente ao 75% das horas presenciais de práctica clínica recollidas no apartado "Planificación", porcentaxe que implica a realización dun mínimo de 180 horas de práctica clínica presencial, e a superación do examen individual nos servizos de rotación da Clínica Universitaria de Podoloxía. No caso de que un confinamiento ou estado de alarma / excepción durante o periodo lectivo impida acadar o 75% da presencialidade mínima para superar a materia, será obligatorio, recuperar as horas de práctica presencial, en canto sexa posible, fora do periodo lectivo, así como a realización do exame individual. De existir a posibilidade, recuperase o 100% das horas de práctica clínica como criterio obrigatorio para superar a materia, agás a porcentaxe de horas de faltas xustificadas indicado na guía docente para o suposto dun desenvolvemento normal das prácticas. Manterase a avaliación e a súa porcentaxe das metodoloxías na que todo o alumnado tivese a opción de ser calificado. As metodoloxías presenciais nas que non exista opción a manter a posibilidade de calificación verán redistribuida o peso na avaliación nas metodoloxías nas que sí exista a opción de avaliación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes