Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podolóxica integral cos pacientes que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e nos servizos hospitalarios de Dermatoloxía. O alumno/a participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. Atendendo á participación gradual do alumno/a en a práctica, estableceranse actividades relacionadas coas competencias a adquirir nas que quedará delimitado se o alumno/a deberá saber facer con competencia, saber facer baixo supervisión e instrución, ou soamente coñecer o procedemento mediante a observación da súa realización por parte do profesor/a.

Ao comezo do Prácticum I o alumno/a disporá a través Campus virtual da UDC dun documento baixo o nome de “ANEXO Á GUÍA DOCENTE DO PRÁCTICUM I”, no que atopará información específica e detallada sobre os obxectivos, contidos e competencias a adquirir durante as prácticas clínicas e o seu grao de adquisición, a composición dos grupos, os titores/as asignados a cada grupo, e o cronograma cos rotatorios de prácticas dos diferentes servizos así como o calendario das probas prácticas de cada rotatorio.
Portafolios do alumno Esta parte do Prácticum I consistirá no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica (elaboración da historia clínica, interpretación de probas complementarias, elaboración de informes, etc.) para o desenvolvemento de competencias como emitir un diagnóstico e un prognóstico, interpretar os resultados das probas complementarias ou manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes, mediante a lectura crítica e a discusión de publicacións científicas. Poderán desenvolverse competencias relacionadas coa comunicación e a transferencia de información de contidos podolóxicos a terceiros, especialmente a pacientes o a poboación en xeral

Ao comezo do Prácticum I o alumno/a disporá a través do Campus virtual da UDC dun documento baixo o nome de “ANEXO Á GUÍA DOCENTE DO PRÁCTICUM I” no que quedará recollida a proposta de das actividades para o curso 2022/2023.

Todas as actividades proporanse na plataforma Moodle e estarán dispoñibles ao comezo do cuadrimestre no que se cursa o Prácticum I. Especificarase para cada actividade o obxectivo/s, proporcionando información do formato ou modelo a seguir, os apartados a cubrir, de ser o caso, a extensión mínima/máxima da actividade (de ser oportuno) ou a documentación ou referencias necesarias para realizar a actividade. Establecerase unha data límite común para a entrega de todas as actividades.

Estas actividades están programadas para ser realizadas principalmente no horario non presencial contemplado na planificación da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes