Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum III
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podolóxica integral cos pacientes que sexan atendidos nos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e as prácticas externas nos servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
O alumnado participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. Do mesmo xeito participará de forma activa nas sesións clínicas dos servizos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
Portafolios do alumno Consiste no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica (elaboración da historia clínica, solicitude e interpretación de probas complementarias, elaboración de informes, elaboración de plans de tratamento etc.) para conseguir o desenvolvemento das competencias propias do futuro profesional.

Toda a información relativa á elaboración e avaliación do portafolio facilitarase no anexo á guía docente que se entregará ao alumno/a ó longo das prácticas clínicas.
A realización e entrega en tempo e forma do portafolio e obrigatoria.
Proba obxectiva Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas no programa da asignatura. Este exame será de carácter teórico-práctico avaliando tamén os coñecementos teóricos aplicados a práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores de cada Servizo da CUP. O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes da data do exame.

O exame constará de duas partes; unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos. Para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado (maior ou igual a 5 sobre 10) en cada unha das partes.
A porcentaxe de cada apartado da proba obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%), correspondendo ó 40% da calificación global da asignatura.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes