Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A4 A12 Avaliaranse todas as actividades individuais ou en grupo que se programaron na planificación e metodoloxía do portafolio. Toda a información relativa á avaliación do portafolio detallarase ao comezo do cuadrimestre. 20
Prácticas clínicas A22 A131 B28 B29 B30 B35 B36 B37 B38 B39 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 C16 C17 A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumnado das competencias a desenvolver neste Prácticum . A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes que o profesorado recollerá nas prácticas supervisadas do seu Servizo. Terase en conta o cumprimento por parte do alumnado da normativa da UDC, normativa de práctica clínica (CUP) e da materia.
A porcentaxe global de cada Servizo é:
-Quiropodología-Cirurxía (20%)
-Patomecánica-Ortopodología (20%)

É necesario superar cada apartado (5/10) da avaliación para superar as prácticas clínicas e a materia.
Para a avaliación continua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems:
-Co paciente valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
-Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
-Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación dos distintos tratamentos.
-Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
-Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo.
-Limpeza e vestimenta persoal de prácticas clínicas
Non se permitirá a realización da práctica clínica a todo aquel alumnado que se presente con atraso ao comezo de dita práctica.
40
Proba obxectiva A122 A132 A133 A134 A135 A136 A137 B1 B24 B25 B26 B27 B31 B32 B33 B34 Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter teórico-práctico sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada Servizo da CUP. O tipo e a planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data de exame.
O exame constará de 2 partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e Ortopodolóxicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
Non se permitirá o acceso e realización da proba obxectiva a aquel alumnado que chegue con atraso ao seu inicio e non sexa puntual.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%)
40
 
Observacións avaliación

Condicións a ter en conta para superar o Prácticum 3:

1) É obrigatorio asistir ao 100% das prácticas clínicas. O alumnado que falte aínda de forma xustificada a un número de prácticas maior a 2 faltas e aínda que só sexa 1 non xustificada suporá un suspenso no Prácticum 3 tanto para a primeira como para a segunda oportunidade debendo de matricularse no seguinte curso académico. 

2) Para superar a materia será necesario aprobar cada un dos apartados da avaliación continua e exame así como obter unha cualificación global mínima de 5 sobre 10. O alumnado que non superen a puntuación mínima ou non se presenten ao exame individual na convocatoria de maio terán opción a facelo na convocatoria de xullo. Na avaliación de 2ª oportunidade (mes de xullo) só hai opción ao exame e o portafolio da materia polo que si avaliación continua está suspensa o alumno/a estará suspenso no Prácticum 3 debendo de matricularse no seguinte curso académico.

3) Calquera falta grave de disciplina ou comportamento cos pacientes, compañeiros, profesorado ou persoal da CUP, así como faltas ás normas da UDC, normativa da materia, funcionamento da CUP, do segredo profesional e da lexislación sanitaria vixente, será sometida a avaliación polo profesorado da materia, previo informe da situación desencadeada, e pode supor o suspenso automático no Prácticum 3. 

Durante as prácticas clínicas non se permite:

-Falar e permanecer nos corredores ou en recepción.

-Utilizar o teléfono móbil durante as prácticas.

-Escoitar música durante as prácticas.

-Realizar fotos ou gravacións con dispositivos que non pertenzan á CUP.

-Rexistrar e comprobar os datos da historia clínica na recepción ou non identificar convenientemente ao paciente (por nome e apelidos) ou as tarefas realizadas por cada alumno/a e profesor responsable.

-Non recoller ou organizar os gabinetes e salas tras o seu uso.

-Dar o alta ou cita a un paciente sen supervisión por parte do docente responsable da atención.

-Ausentarse das prácticas sen unha xustificación e comunicación ao profesor responsable da práctica.

-Comer ou beber nas instalacións da CUP (só se permite na aula CUP ou cafetaría previa autorización).

-Non portar o cartón identificativo, indumentaria individual de prácticas clínicas limpa e en perfecto estado (pixama e calzado sanitario branco), bolígrafo 4 cores , rotulador permanente, rotulador borrable, luvas de kevlar (ou equivalente), tesoiras multiusos ou lentes, máscara ou máscara de protección.

-Non manter un aseo adecuado incluíndo non manter o pelo recolleito ou curto, as uñas cortadas e sen pintar así como portar colares, aneis, pendentes longos ou pulseiras.

-Calquera outro incumprimento das normas da UDC, da materia e/ou da CUP (http://www.udc.es/fep/cup).

Situacións especiais de avaliación

1) A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecido, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba obxectiva, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as 3 días antes da data de actas. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.0, requisito básico para optar á matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra por acordo do conxunto de docentes da materia naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia.

2) Segunda oportunidade: Na 2ª oportunidade só poderán optar a superar a materia aqueles alumnos/as que superando a avaliación continua non superasen o exame práctico, ou cando o sumatorio total das cualificacións non supere a nota mínima para superar o Prácticum 3 debido á cualificación do Portafolio do alumno/a. Para ambos os supostos no calendario académico quedará fixada unha data para as novas probas de exame práctico e/ou nova entrega de actividades de portafolio.

3) Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a aquelas partes que non obtivesen unha cualificación mínima de 5 sobre 10. En caso de non realizar a totalidade das prácticas clínicas terá que cursar a totalidade da materia novamente.

4) Conservaranse de forma automática as cualificacións superadas de calquera das metodoloxías dentro das 2 oportunidades da mesma convocatoria.

5) Para alumnado con matrícula parcial: poderán desenvolver a materia realizando os diferentes conceptos da materia en dous cursos, sempre realizando as prácticas, portafolio e exame do mesmo servizo no mesmo curso. Para iso contarase o primeiro curso en que se curse a materia coa cualificación de N.P. e no segundo coa cualificación calculada de todos os conceptos no momento de realización dos mesmos. Deberán de solicitar e aprobarse esta modalidade de avaliación ao comezo do curso, en caso contrario avaliarase como na modalidade ordinaria.

6) Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e cursen e superen as prácticas clínicas (cuxa cualificación suporá o 40% da materia), poderán presentarse á proba obxectiva de carácter práctico clínico cuxa cualificación suporá o 60% da cualificación da materia.

7) Non presentado: aqueles alumnos/as que asistan a menos do 70% das prácticas clínicas da materia, a súa cualificación será automaticamente de Non Presentado (para calquera das oportunidades do curso).

8) Alumnado de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación dos alumnos de mobilidade (tanto Erasmus, como SICUE, como Bilateral) realizarase só pola avaliación continua en caso de suspenso poderán recuperar no exame da materia. Estes distribuiranse entre todos os grupos de prácticas.

9) Mentorización ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase a todos os alumnos/as que polo menos obtivesen unha cualificación de notable no Prácticum 2 priorizando a aqueles/as alumnos/as obtivesen unha maior cualificación no Prácticum 2 e os que en cursos anteriores realizasen unha estancia de mobilidade noutro país. Dita proposta deberá de realizarse por cada alumno/a que estea interesado en participar como mentor dentro da actividade Moodle onde voluntariamente cada solicitante achegará unha copia do seu expediente e xustificantes de realizar algunha estancia de mobilidade en cursos anteriores a fin de que sexa valorado polo conxunto de docentes da materia. A participación como mentor/a sumará ata  0,5 á súa cualificación final da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes