Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Subjects
  Technics of Anesthesia and Resuscitation in Podiatry
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech As clases teóricas desenvolveranse seguindo a metodoloxía de clases expositivas participativas e o estudo e análise de artigos científicos relacionados coa materia que serán entregados polo profesor en combinación con sesións clínicas sobre casos reais segundo horario aprobado en Xunta de Centro utilizándose para o seu desenvolvemento medios audio visuais como presentacións e vídeos didácticos.
Seminar Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Workbook Son un conxunto de textos e documentación escrita que foron recollidos e editados como fonte de profundización nos contidos traballados.
Laboratory practice Realización de prácticas de todos aqueles coñecementos, técnicas e probas adquiridos na sesión maxistral e que requiran dunha escenificación por parte do profesor con participación activa do alumno.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo ensaio e preguntas tipo test obxectivo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes