Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Study programme competences / results


TypeA Code  
  Job guided
  AJ1 Asesorar ás PYMES no campo sociolaboral.
  AJ2 Xestionar todas as cuestións relativas ao ámbito das relacións laborais.
  AJ3 Identificar os distintos tipos de empresas e sociedades incluídas as de economía social e os seus rexímenes xurídicos.
  AJ4 Capacitar para xestionar os tributos relacionados co ámbito empresarial.
  AJ5 Coñecer as obrigas das empresas en materia de Seguridade Social e os trámites pertinentes ante as entidades xestoras e colaboradoras.
  AJ6 Identificar as competencias das entidades xestoras e colaboradoras da Seguridade Social na xestión de prestacións en España e na Unión Europea.
  AJ7 Analizar a Seguridade Social dos traballadores que circulan no ámbito da Unión Europea.
  AJ8 Adquirir coñecementos para unha idónea organización laboral nos cadros de persoal.
  AJ9 Tomar decisións e buscar solucións consensuadas a problemas complexos relativos á situación socio-laboral da empresa.
  AJ10 Seleccionar as opcións estratéxicas de Recursos Humanos máis acomodadas á contorna multidisciplinar da empresa.
  AJ11 Elaborar planes de Recursos Humanos, coherentes co obxectivo a acadar.
  AJ12 Xestionar os procesos de negociación entre as partes da relación laboral co fin de acadar consensos e acordos.
  AJ13 Coñecer as medidas de solución de conflitos ao alcance de traballadores e empresarios e resolver cales resultan axeitadas en diferentes situacións.
  AJ14 Adquirir as habilidades necesarias para poñer en funcionamento un Servizo de Prevención Propio ou Alleo e xestionalo.
  AJ15 Coñecer as respostas da Administración fronte aos incumprimentos laborais e ser capaz de participar no procedemento administrativo sancionador.
  AJ16 Xestionar as relacións laborais transfronteirizas e transnacionais, tan frecuentes no sur de Galicia.
TypeB Code  
  Job guided
  BJ1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BJ2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BJ3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BJ4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BJ5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
  BJ6 Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito socio-laboral especialmente do Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
  BJ7 Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral.
  BJ8 Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais.
  BJ9 Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
  BJ10 Adquirir os coñecementos necesarios nos campos laboral, tributario e de Seguridade Social para prestar servizos de asesoría socio-laboral.
  BJ11 Planificar e organizar a prevención dos riscos laborais nas empresas.
  BJ12 Seleccionar e confeccionar os contratos de traballo adecuados a cada situación laboral.
  BJ13 Coñecer os dereitos e obrigas dos traballadores e as distintas formas de extinción do contrato de traballo.
TypeC Code  
  Compound
  CC1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CC2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CC3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CC4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CC5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CC6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CC7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CC8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes