Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
 Study programme competences


TypeA Code  
  Job guided
  AJ1 Planear a acción preventiva a desenvolver, nas situacións nas que o control ou redución dos riscos supón a realización de diferentes actividades, que implican a intervención de distintos especialistas.
  AJ2 Contrastar as condicións de seguridade nos centros de traballo e describir as técnicas de seguridade dirixidas a vixiar e previr o risco de accidentes.
  AJ3 Categorizar os riscos relacionados cos principais contaminantes químicos, físicos e biolóxicos no traballo, e coñecer as principais estratexias de prevención.
  AJ4 Avaliar os riscos relacionados coa carga física e psíquica no traballo e propoñer as medidas adecuadas de prevención.
  AJ5 Coordinar as actividades de formación e información en materia preventiva, de carácter xeral, a todos os niveis, e nas materias propias da súa área de especialización.
  AJ6 Desenvolver o deseño e xestión dos sistemas de prevención de riscos laborais e a súa integración na empresa.
  AJ7 Integrar as técnicas afíns á prevención: xestión da calidade, xestión medioambiental, prevención de riscos patrimoniais e seguridade vial.
  AJ8 Aplicar o marco normativo sobre a prevención de riscos laborais.
  AJ9 Analizar e previr situacións de grave risco, catástrofe ou calamidade pública.
  AJ10 Desenvolver un sistema de autoprotección para centros, establecementos e dependencias, e o correspondente plan de emerxencia para accións de prevención de riscos, alarma, evacuación e socorro.
TypeB Code  
  Job guided
  BJ1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BJ2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BJ3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BJ4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BJ5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
TypeC Code  
  Compound
  CC1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CC2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CC3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CC4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CC5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CC6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CC7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CC8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes