Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
 Asignaturas
  Xestión. planificación e auditorias da prevención de riscos laborais.
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente
identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais
produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun
período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo
profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O
portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes
ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu
desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas,
autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do
alumno realizado polo profesor, etc.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou
participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos,
xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións,
etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo
relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado
coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas
novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha
situación específica que suscita un problema que ten que ser
comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través
dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema
concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida
profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos,
referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para
chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en
pequenos grupos de traballo.
Mesa redonda Técnica de dinámica de grupos en que un grupo de especialistas nun
tema, que teñen puntos de vista diverxentes ou contraditorios, levan a
cabo unha discusión diante dun grupo coordinados por un moderador.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo
distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou
non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado
rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades,
destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de
aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como
sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas:
preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de
discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode
construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a
introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa
finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método
expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese
reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en
ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e
baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da
información á audiencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes