Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
 Asignaturas
  Xestión. planificación e auditorias da prevención de riscos laborais.
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Carpeta real ou virtual ordenada por seccións, debidamente
identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais
produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos,
xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións,
etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo
relacionados coa materia.
Estudo de casos O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a
introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa
finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo
distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou
non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado
rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades,
destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de
aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como
sumativa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes