Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
 Asignaturas
  Axentes químicos e biolóxicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral B3 C1 C3 A exposición dun tema por parte dos alumnos proposto polo profesor. É un traballo que se realiza en colaboración, no que cada alumno deberá presentar unha parte do traballo, e na que tanto a metodoloxía empregada para a presentación e a calidade técnica dos traballos presentados serán avaliados.
Avaliaranse:
Emprego de ferramentas básicas de tecnoloxía da información e comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Categorizar os riscos de contaminantes químicos, físicos e biolóxicos no traballo, e coñecer as principais estratexias de prevención.
20
Traballos tutelados A3 B4 C1 C3 A participación de cada alumno na realización do traballo proposto será avaliado. Participación en tutoriais, participación no moodle, a realización de casos prácticos, etc.
Avaliaranse:
A implantación do marco regulador en materia de prevención de riscos.
Categorizar os riscos de contaminantes químicos, físicos e biolóxicos no traballo, e coñecer as principais estratexias de prevención
20
Proba obxectiva A3 C1 Exame con cuestións de múltiple elección e preguntas curtas que avaliará se foron desenvolvidas as competencias recollidas na sección de competencias da titulación desta guía ensino. 60
 
Observacións avaliación

No caso de que algún/ha estudante no poidera, por razóns debidamente xustificadas, seguir esta metodoloxía docente, deberá poñerse en contacto, ao principio do cuatrimestre, co profesor responsabel para realizar unha serie de traballos e unha proba obxetiva que permita validar os seus coñecementos na materia.

Na proba obxectiva o estudante deberá obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10. 

As puntuacións dos traballos realizados durante o cuatrimestre serán tidos en conta na convocatoria da segunda oportunidade.

O estudiante terá a cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa unha falta de honradez en calquera das actividades avaliables: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes