Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
 Asignaturas
  Xestión dos riscos ergonómicos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais enfocaranse por dúas vías:

1ª) O profesor introducirá temas para o seu desenvolvemento posterior mediante a metodoloxía complementaria da aprendizaxe colaborativa.

2º) Tentarase traer algunha persoa invitada experta en cuestións relativas ao temario da materia para desenvolver a sesión a xeito de conferencia.
Análise de fontes documentais Ao longo do curso desenvolveranse varios traballos, en modalidade individual e grupal. O traballo individual consistirá polo menos en parte na análise de fontes documentais.
Tamén será necesaria a aplicación desta técnica na preparación dos traballos grupais.
Presentación oral Os traballos grupais serán expostos na clase debendo participar na súa presentación todos os membros do grupo.
Aprendizaxe colaborativa Esta é a metodoloxía principal no desenvolvemento do curso, e consistirá na formación de grupos o máis diversos posibles en canto a formación previa, para a preparación de diversos temas, especialmente métodos de avaliación dos riscos ergonómicos. Os materiais a emplear están dispoñibles na plataforma Moodle, e ademais hai libertade para propoñer e usar outros. Esta técnica supón que cada un dos membros dun grupo debe asumir (entre outros) o rol de formador dos demais.
Proba obxectiva Será unha proba escrita a realizar ao final de curso, a modalidade será preferentemente tipo test, aínda que non é descartable outro tipo de preguntas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes