Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
 Asignaturas
  Xestión dos riscos ergonómicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C8 Probas para avaliar os coñecementos adquiridos durante o curso. 40
Sesión maxistral B1 B3 B4 C1 C5 C6 C8 Valorarase a asistencia ás sesións e o grao de participación, cando o tipo de sesión permítaa 5
Presentación oral B4 C1 C3 A asistencia será obligatoria para quen ten que realizar a presentación. Ademais valorarase a comunicación de coñecementos realizada na sesión utilizando os medios dispoñibles e que se consideren adecuados. 35
Aprendizaxe colaborativa A1 A4 B1 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C7 Valorarase a asistencia e o grao de participación nos grupos, así como a transmisión de coñecementos que cada grupo faga ao conxunto da clase. 20
 
Observacións avaliación

A criterio do profesor, poderán aplicarse técnicas de co-avaliación e/ou autoavaliación.

Se levará a cabo control de asistencia, e descontarase de forma proporcional a falta de participación, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Este desconto non afecta á puntuación obtida na proba obxectiva.

Para quen a falta de asistencia, ao non poder participar,  lle impedíse obter a cualificación de aprobado (considerando que se poden alcanzar só 4 puntos na proba obxectiva), habilitaraselle unha segunda proba obxectiva complementaria que contribuirá cun 60% á cualificación final.

A proba obxectiva entregaráselle ao alumnado en castelán, podendo ser solicitada cunha semana de antelación en galego. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria

Para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS
ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5)
(04/05/2017):

 Se este alumnado pode participar de xeito
telemático nas clases do  curso, seguirase o mesmo procedemento de
avaliación que co resto do alumnado.

No caso de non darse a condición anterior,
deberán concertar ao inicio da materia un réxime de titorías regulares co
profesor, para seguir o desenvolvemento da materia mediante a realización de
traballos, e planificar a súa entrega e exposición.

No caso de non supera a materia na primeira
oportunidade, deberán presentarse á realización dunha proba obxectiva na
segunda oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes