Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
 Asignaturas
  Prácticas externas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Informe do titor profesional 80
Resumo A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Memoria de prácticas 20
 
Observacións avaliación


O titor académico avaliará numericamente as prácticas desenvolvidas, cumprimentando o correspondente informe de valoración final que deberá ter en conta o seguimento levado a cabo, o informe do titor profesional e a memoria final entregada polo estudante. O réxime de cualificación será o mesmo que para as restantes materias. Para outorgar a mención de Matrícula de Honra, en caso de existir máis estudantes coa máxima cualificación numérica que posibles M.H. nesa oportunidade, reunirase a Comisión de Organización Académica que terá en conta os mesmos méritos comentados anteriormente.


No caso de que o estudante non completase no lugar onde se realizan as prácticas, e a plena satisfacción do titor, o 80% polo menos, das horas establecidas, emitirase informe final desfavorable de ditas prácticas e cualificación de “non presentado” na materia “Prácticas Externas”.


Igualmente se transcorrido o prazo sinalado polo coordinador do mestrado, o estudante non entregase a Memoria Final das prácticas, emitirase informe final desfavorable de ditas prácticas e cualificación de “non presentado” na materia de Prácticas Externas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes