Research (Research project) |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Ver observacións avaliación. |
60 |
Tribunais de avaliación
- Os tribunais de avaliación configuraranse da forma que estableza a COA, segundo o número de alumnos matriculados e a temática dos diferentes TFM que se presenten.
- Cada tribunal estará formado como mínimo por tres persoas e, polo menos, un suplente. Todas elas deberán ser membros do profesorado do Máster.
- Cada tribunal contará cunha persoa que o presida e outra que exerza como secretario/a.
- Quen dirixa un TFM non poderá ser membro do tribunal que o cualifique.
- Unha vez constituídos, os tribunais de avaliación establecerán a orde de exposición dos estudantes no caso de ser varios, así como o día, a hora e o lugar de realización das defensas dos TFM. Deben garantir a adecuada comunicación destes datos a todos os estudantes e o profesorado afectados.
Presentación e defensa do TFM
- O TFM terá unha extensión entre 20 e 40 páxinas (sen anexos). O tipo de letra será Times New Roman, tamaño 12 puntos, cun interlineado de 1,5. Marxes: superior, inferior e dereito 2,5 cm; esquerdo: 3 cm. O TFM terá unha Portada coas características presentadas no Anexo III.
- A presentación do TFM require que o/a estudante superase o resto dos créditos da titulación. Na oportunidade pertinente o/a estudante presentará unha solicitude de defensa e avaliación do TFM, segundo o procedemento establecido pola Universidade e nos prazos marcados polo centro para estes efectos.
- Coa solicitude entregaranse na U.X.A.I. a versión escrita e 4 copias da versión electrónica (en formato PDF) do traballo realizado. O/a secretario/a de o tribunal de avaliación deberá facer chegar unha copia electrónica a cada un dos membros deste, sempre que for posible.
- O/a estudante defenderá o seu TFM pública e presencialmente. De maneira excepcional, a Comisión de Máster e Doutoramento podería aprobar, logo da demanda formal e motivada da COA, e sempre que existan as condicións técnicas, administrativas e económicas que o permitan, que a defensa teña lugar a distancia de forma virtual.
- A realización, presentación e defensa dos TFM poderán efectuarse en calquera dos idiomas que se empreguen na impartición do Máster, de acordo co disposto na memoria de verificación do título.
- Cada estudante disporá dun tempo máximo para a defensa, en que deberá expor os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións da súa TFM. Con posterioridade atenderá as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que lle puidesen formular os membros do tribunal de avaliación.
Avaliación e cualificación
- Unha vez realizada a exposición do/a estudante e visto o informe elaborado por quen dirixiu o traballo, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Aplicaranse os criterios de avaliación que figuran no Anexo IV, e establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFM por cada un dos membros do tribunal. O Secretario do Tribunal de avaliación será o encargado de recoller na acta (ANEXO V), a cualificación final e entregala no Decanato da Facultade, así como de asinar electrónicamente a acta dixital.
- A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que terá que engadirse a correspondente cualificación cualitativa:0-4,9 suspenso; 5,0-6,9 aprobado;7,0-8,9 notable; 9,0-10 sobresaliente.
- Poderá acceder á mención de matrícula de honra o/a estudante que obtivese unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos e sexa merecedor/a de tal mención, segundo o criterio unánime do tribunal evaluador. No caso de que o/a estudante obteña a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación.Enviarase unha copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFM.
- A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFM levarán a cabo de conformidade co previsto nas Instrucións do Vicerreitorado de Titulos sobre as probas de avaliación e as actas de cualificación dos estudos de Grao e Máster.
|