Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Seguridade Social Complementaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A11 B6 Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. 50
Presentación oral B3 B4 C1 C2 C4 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 10
Estudo de casos B2 B5 B7 B8 B9 B10 C3 C5 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 40
 
Observacións avaliación

Os estudantes que teñan recoñecida a adicación a tempo parcial poderán aprobar a materia mediante un exame teórico práctico, que terá lugar nas datas oficialmente establecidas pola Facultade de Ciencias do Traballo. En canto aos requisitos da segunda convocatoria, serán os mesmos que na primeira.

De acordo co artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, o alumnado que incurra en fraude ou plaxio terá cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado como "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidadade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade si fose necesario.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes