Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Aspectos macroeconómicos e territoriais do mercado de traballo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación e explicación por parte do profesor dos temas incluídos no programa con apoio de TICs. As devanditas presentacións faranse cunha dinámica participativa por parte do alumnado. O profesor será quen de autorizar, no seu caso, o uso de dispositivos e TICs polo alumnado durante as clases maxistrais.
Lecturas Recomendarase a lectura de textos académicos ou de actualidade, relacionados co contido da asignatura para que os estudantes os analicen, interpreten e os comprendan en base aos coñecementos e ás ferramentas da análise económica e social, que se estudian na materia.
Obradoiro Poderánse realizar Realizánse obradoiros ou conferencias de participantes invitados/as, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura.
Estes oobradoiros poderán ser presenciais ou online.
Prácticas a través de TIC O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía.
Traballos tutelados Realización de traballos de investigación breves (5-10 páxinas) sobre temas relacionados co programa. Dirixidos polo profesor, afectuararse de forma individual ou en grupos reducidos.
Aprendizaxe colaborativa Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe que permite a división da clase en grupos pequenos fomentando o traballo en conxunto para a resolución de tarefas académicas de forma non competitiva. A persoa docente guiará o proceso de resolución de tarefas ben de forma presencial ou ben apoiándose nas TIC.
Proba obxectiva Proba realizada ao final do curso que versará sobre o contido de toda a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes