Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Análise Contable
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Análise Contable Código 760492006
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Peón Pose, David Olegario
Correo electrónico
david.peon@udc.es
Profesorado
Anido Martinez, Cristina
Peón Pose, David Olegario
Ruiz Lamas, Fernando
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
david.peon@udc.es
fernando.ruiz@udc.es
Web
Descrición xeral Introducir ao alumnado nos conceptos básicos relativos ao proceso de interpretación da información financeira. Comprender os obxectivos e características dos estados contables publicados polas empresas. Aplicar diferentes técnicas de análise para determinar a situación económica-financeira das empresas. Identificar os datos relevantes para o proceso de toma de decisión dentro das empresas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Ningún 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas, ao poder aplicarse tanto na aula presencial como virtual mediante ferramentas TIC síncronas e asíncronas. *Metodoloxías docentes que se modifican: Ningunha 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado CORREO ELECTRÓNICO. De uso cotiá para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. MOODLE. i. Foro de formulación e resolución de dúbidas. ii. Difusión de materiais para o alumnado. iii. Actividades de autoavaliación e avaliación. Na data e no horario acordado TEAMS. i. Videoconferencias para a realización das sesións expositivas e interactivas. Semanalmente na franxa horaria que ten asignada a materia. ii. Videoconferencias para a atención personalizada. Na data e no horario acordado entre o docente e o estudante/equipo de traballo mediante un correo electrónico previo. iii. Videoconferencias para a realización das actividades de avaliación. Na data e no horario acordado. 4. Modificacións na avaliación. Ningunha *Observacións de avaliación. Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, e ademais: i. As actividades de avaliación realizaranse a través de Moodle, podendo o docente requirir a defensa oral, parcial ou total, das actividades entregadas e avaliadas. ii. Solicitarase ao alumnado que estea conectado mediante unha videoconferencia en Teams dende o inicio ata o final da proba para as oportunas verificacións por parte do docente. iii. No caso de problemas de conexión no momento de realizar as actividades de avaliación, realizarase posteriormente unha videoconferencia en Teams co alumnado afectado para realizar a actividade oralmente e así adaptarse aos problemas de conexión sobrevidos. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes