Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Análise Contable
   Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Prácticas a través de TIC
Discusión dirixida
Estudo de casos
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada (titorías individuais e grupais) desenvolverase mediante videoconferencias en Teams.

Os equipos formados no marco do estudo de casos terán asignados sesións de atención personalizada para o seguimento do traballo realizado por cada un dos seus membros e do equipo en conxunto. O calendario das sesións de seguimento se indicará ao longo do curso en función do plan de traballo da materia.

Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes