Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Análise Contable
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A2 B2 B3 Imprescindible superala 50
Prácticas a través de TIC A14 B9 C8 Para a realización e presentación do caso práctico de análise de estados financeiros, será imprescindible o uso de TIC: folla de cálculo, ferramentas de presentación, bases de datos, etc. 20
Discusión dirixida B2 B4 B7 B8 Valorarase a participación 10
Presentación oral B9 C4 C2 Pedirase aos estudantes que presenten no aula un caso práctico de análise de estados financeiros, que haberá de ser resolto previamente e traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na resolución do mesmo, a presentación realizada no aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes 20
 
Observacións avaliación
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes