Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Análise Contable
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B3 B2 C1 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 50
Estudo de casos A2 B3 C1 C3 C7 Pedirase aos estudantes que resolvan un caso práctico de análise contable traballando en grupo. Valorarase de xeito conxunto, tendo en conta o rigor na resolución, o traballo en equipo e o axeitado uso de TIC (folla de cálculo, ferramentas de presentación, bases de datos, etc.). 30
Presentación oral B9 C2 C4 Pedirase aos estudantes que presenten na aula o caso práctico de análise contable resolto previamente en grupo. Valorarase a presentación oral de xeito individual, tendo en conta a presentación e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. 10
Resumo B3 C1 C3 C4 Pedirase aos estudantes que, individualmente, identifiquen unha noticia de actualidade relacionada co contido da materia e preparen unha síntese dos seus principais contidos, resaltando aqueles traballados na aula. 10
 
Observacións avaliación

O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidos na clase e no foro virtual. Valorarase positivamente a participación activa na aula/foro virtual, tendo en conta tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. 

A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. Se non se realiza a proba obxectiva ou non se entrega e presenta o caso práctico de análise contable, a cualificación nesa oportunidade será non presentado.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo.

Avaliación da segunda oportunidade. Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes