Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Análise Contable
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B2 B3 C1 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 60
Solución de problemas A2 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C7 Puntuarase a realización de tarefas e probas aleatorias de avaliación, e/ou a realización de casos prácticos de análise de información contable, individuais ou en grupo, que poderán ser presentados oralmente. 40
 
Observacións avaliación

Avaliación da primeira oportunidade

Na primeira oportunidade a avaliación estará composta por: 1) Tarefas e probas a partir das sesións maxistrais, e/ou resolución de casos prácticos individuais ou en grupos de traballo, que poderán ser presentados oralmente (puntuación total avaliación continua: 40%); 2) Exame dos contidos teóricos e prácticos da asignatura na data fixada polo centro (60%).

Avaliación da segunda oportunidade

Na segunda oportunidade, para poder recuperar
a avaliación continua da primeira oportunidade, tomarase a maior entre:

a) Cualificación acadada
ao longo do curso nas metodoloxías de avaliación continua (40%); máis a
cualificación acadada na proba obxectiva da segunda oportunidade (60%).  

b) Exclusivamente pola cualificación acadada
na proba obxectiva da segunda oportunidade (100%)

Avaliación adiantada 

No caso de que ao alumno se lle conceda unha
oportunidade de "avaliación adiantada", e soamente neste caso,
realizarase unha proba oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as
competencias e contidos propios da materia.

Cualificación de non presentado.

Considerarase como Non presentado ao alumnado que:

a) non se presente á proba do período oficial de avaliación.

b) só participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. 

Segundo a normativa, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte. Seguirá o mesmo sistema de avaliación, coas seguintes particularidades: a súa participación activa terá lugar mediante o foro virtual e, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente. 

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente
a cualificación de suspenso '0' na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de
avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes