Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Iniciativa Emprendedora
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Iniciativa Emprendedora Código 760492020
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Profesorado
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Web http://fagullo.info
Descrición xeral A asignatura de Iniciativa Emprendedora intégrase no plan de estudos do Máster Oficial en Xestión e Dirección Laboral con carácter optativo. Para xustificar a súa inclusión neste plan de estudos pódese dicir que é unha maneira de facer fronte a situación na que se atopan os mozos ao tratar de se incorporar ao mercado de traballo e as dificultades que teñen que superar quenes pertencen ao devandito colectivo e ademaís son titulados universitarios. Aínda que a taxa de paro entre os universitarios veuse reducir nos últimos anos, estes seguen atopándose con moitas dificultades a hora de incorporarse ao mercado laboral e cando o conseguen é en condicións bastante precarias. Esta situación non é idéntica para todolos titulados xa que depende en gran medida do titulo que se posúa e da duración dos seus estudos, ou o que é o mesmo, do nivel do título alcanzado: diplomado, licenciado ou, doutor. Tamén ten a sua xustificación no feito de que os alumnos que se especialicen na xestión sociolaboral poderán non soio montala súa propia empresa senon tamen asesorar a outros a facelo. Nunha sociedade na que as formas de organización económica son cada vez máis complexas, é necesario para quenes dexesen por en marcha a súa propia empresa ou quenes se dediquen ao asesoramento na materia, oestudo da presente materia é, non só instrumento para o coñecemento e comprensión dos procesos económicos, senón tamén para a formación de actitudes éticas e sociais fronte a problemas tales como a creación de riqueza pola empresa, o seu papel na economía, a súa función na distribución de riqueza, a situación actual do mercado de traballo para estes universitarios, en definitiva, a importante función social da empresa no momento presente, etc. Ante esta situación, e en consoancia co que se ven facendo dende a propia UE, dende a Universidade e outos estamentos oficiais, incorpórnse ao plan de estudos esta materia tratando de inculcar o espírito emprendedor e a metodoloxía da creación e dirección de empresas entre os universitarios, así como a súa capacitación para a elaboración do plan de empresa que todo proxeto empresarial require. En definitiva, téntase acadar que os alumnos teñan inquedanzas polo eido empresarial, e que tras unha análise crítica da situación e da súa incorporación ao mercado laboral , espetar neles a súa capacidade creativa, e fomentar o espirito emprendedor. A asignatura abrangue tanto a dimensión interna da empresa como das relacións coa súa contorna externa. Malia que pola súia natureza, esta materia ten un contido técnico propio da economía empresarial, integra, con todo, múltiples aspectos relacionados coa psicoloxia, a psicoloxia social e do traballo, a tecnoloxia, as técnicas e teorías da organización e da información, o dereito mercanrtil, etc. A parte da análise técnica, imprescindible para o coñecemento do fucionamento dunhas empresas cada vez máis complexas no seu funcionamento, preténdese que os alumnos desenvolvan actitudes éticas e críticas fronte ao papel da empresa na sociedade, recoñecer o valor social do espirito emprendedor, concedéndolle tanta relevancia ao análise puramente económico e instrumental como aos aspectos sociais. A Integración desta asignatura no programa do máster queda plenamente xustificada porque: 1. Contesta á importante demanda social que nos últimos tempos esixe un coñecemento máis científico e técnico do ámbito sociolaboral e concretamente na dinamización do desenvolvemento local, meirande o asesoramento técnico nos concellos e outras institucións. 2. Responde á letra e ao espírito da normativa legal que regula a propia Universidade xa que ésta ha de servir para xerar coñecemento pero, ademais, debe transmitir ou transferir ese coñecemento á sociedade que a sustenta.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Simulación Proba obxetiva *Metodoloxías docentes que se modifican. Sesión maxistral. Os seus contidos pasan á simulación. Simulación. Soamente se modifican as entregas pendentes do traballo de simulación emprendedora. Para as entregas das fases da simulación pendentes de avaliar será preciso entregar unha memoria con todos os aprtados cubertos do plan de emprese proposto polo profesor. As plantillas para as tarefas a realizar polo alumno en cad unha das etapas estarán disponibles ep Moodle. Para a súa calificación terase en conta: 1. execución completa e correcta 2. axeitada metodoloxía 3. profundidade de contidos 4. linguaxe propio do contexto económico e empresarial 5. utilización de fontes complementarias e actuais 6.presentación e entrega en tempo establecidos 7. claridade na exposición 8. sólida defensa dos argumentos empregados A SÚA ENTREGA SERÁ OBRIGATORIA PARA APROBAR A ASIGNATURA. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico (fernando.agullo@udc.es): diariamente ou cando o precise o alumno. Teléfono (981 337400- 3589, desviado al teléfono particular del profesor): cando o precise o alumno, previa cita por correo-e. Moodle: segundo as necesidades dos alumnos en función da evolución temporal dos contidos. Teams: nos horarios establecidos polo centro parra a materia e nos cursos creados pola udc, sempre que esta dote dos medios requeridos. 4. Modificacións na avaliación Non se realizan cambios, agás os indicados nas metodoloxías modificadas do aprtado 2. A ponderación segue a ser a mesma que conten a guía da materia *Observacións de avaliación: As que figuran na guía docente da materia, agás o referente as modificacións nas metodoloxías establecidas neste plan de continxencia e a súa repercusión cualitativa na avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes