Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Iniciativa Emprendedora
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A1 A3 A4 A5 A10 A11 B2 B3 B4 B9 B10 C4 C5 A simulación é OBRIGATORIA para aprobar a materia.

O xogo de simulación emprendedora constitúe un exercicio completo e integrador, tanto pola diversidade dos aspectos que aborda como do número de variables que se manexan ao analizar unha iniciativa emprendedora en grupo.

O traballo farase de forma grupal coas tarefas encomendadas en cada unha das tres fases:
1ª Deseño do modelo de negocio
2ª Elaboración do plan de empresa abreviado
3ª Estudo de viabilidade do proxecto

Os/As estudantes, integrantes dun grupo de traballo, terán tamén o reto de asumir un determinado rol dentro do grupo co que, en función das súas competencias e coñecementos sobre determinados aspectos do traballo a desenvolver, cada un optimice as súas habelencias individuais poñéndoas ao servicio do grupo para a presentación e entrega dun portafolios co Plan de Empresa e todo o traballo desenvolto en común
80
Proba obxectiva A1 A10 A11 B2 B9 B10 C5 Nas datas aprobadas en Xunta de Facultade terá lugar unha proba obxectiva na que o alumnado responderá ás preguntas dun cuestionario teórico-práctico (test de resposta pechada con catro alternativas, só unha certa e os erros restan ¼ do valor dun acerto) ou preguntas de resposta aberta (breve explicación, resumo, representación e interpretación de gráficas, resolución de problemas, etc.) ou de ámbolos tipos.

A proba obxectiva NON É OBRIGATORIA para aprobar a materia. Se non se realiza, o/a estudante será cualificado exclusivamente coa nota ponderada da simulación. No caso de realizar a proba obxectiva e non acadar unha nota mínima de 4,5 sobre 10, o/a estudante será cualificado exclusivamente coa nota de dita proba obxectiva sen engadir a cualificación da simulación e sen ponderar
20
 
Observacións avaliación

O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente a parte correspondente da simulación e participar activamente nas discusións promovidas durante as sesións e no foro virtual.  

A proba obxectiva formularase en castelán e se poderá contestar en calquera das linguas oficiais da UDC. En caso de desexala en galego, deberá indicarllo por escrito ao docente unha semana antes da súa realización.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. 

Segundo a normativa, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte. Seguirá o mesmo sistema de avaliación, coas seguintes particularidades: a súa participación activa terá lugar mediante o foro virtual e, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

A simulación é obrigatoria para aprobar a materia. Se non se realiza, a cualificación será: NON PRESENTADO.

Avaliación da segunda oportunidade

Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade, coa excepción do alumnado que exprese a súa intención de participar nun novo proceso de avaliación continua (80% da cualificación final: Simulación). Neste caso:

a) É imprescindible enviar un correo electrónico ao docente, antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, indicando a súa renuncia á cualificación previamente obtida nesta metodoloxía, e recibir a correspondente autorización.

b) O proxecto de simulación será individual e será presentado na mesma data de realización da proba obxectiva, aprobada en Xunta de Facultade.

Avaliación adiantada

No caso de que ao alumnado se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e soamente neste caso, realizarase unha proba oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.

Quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual

O docente pode requirir a posterior defensa oral, parcial ou total, das actividades entregadas e avaliadas.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes