Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias del Trabajo
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Prácticas externas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas externas Código 760492026
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Dereito Público
Economía
Empresa
Enxeñaría Industrial
Enxeñaría Naval e Industrial
Psicoloxía
Química
Coordinación
Garcia Nuñez, Moises Alberto
Correo electrónico
moises.alberto.garcia@udc.es
Profesorado
Agullo Leal, Fernando
Alonso Seoane, Maria Jesus
Anido Martinez, Cristina
Garcia Lopez, Javier Angel
Garcia Nuñez, Moises Alberto
Lopez Arránz, Maria Asuncion
Lopez Coira, Jose
Rolon Varela, Jose Maria
Sánchez Fernández, Maria Dolores
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
maria.alonso.seoane@udc.es
cristina.anido@udc.es
javier.garcial@udc.es
moises.alberto.garcia@udc.es
a.larranz@udc.es
j.lcoira@udc.es
j.rolon@udc.es
maria.sanchezf@udc.es
Web http://www.fct.udc.es
Descrición xeral O desenvolvemento das Prácticas Externas terá como finalidade a posta en práctica polos alumnos dos coñecementos, destrezas e habilidades adquiridos ao longo do Máster. Consiste na realización de prácticas mediante un sistema de permanencia regulada nunha empresa, organismo ou institución administrativa, económica ou profesional, de carácter público ou privado así como na elaboración dunha memoria na que se plasme a experiencia da realización das mesmas. As prácticas teñen como obxectivo fundamental complementar a formación teórica dos estudantes e facilitar a súa inserción no mundo laboral. Permitirán a asimilación por parte dos estudantes da realidade institucional e empresarial da súa contorna no ámbito das súas respectivas profesións futuras cos seguintes fins, en particular: Formación integral no ámbito de estudo do título, equilibrando a formación teórica e a práctica. Adquisición das competencias propias do título. Obtención de experiencia profesional que facilite a empleabilidad e a inserción máis adecuada no mercado laboral. Desenvolvemento da capacidade de decisión, do espírito crítico e da capacidade de traballo en equipo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizaron cambios 2. Metodoloxías • Non hai cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta Temporalización Email Teams Teléfono Para titorías individuais/grupo, convir horario co titor académico ou co coordinador do Máster a través do correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Para dar resposta á problemática particular do desenvolvemento das prácticas externas curriculares, poderase optar por algunha das seguintes opcións: • Continuar co desenvolvemento das prácticas de maneira non presencial dentro das datas previstas. • Manter as prácticas na modalidade presencial, sempre que se garanta que se respectan os parámetros que as autoridades sanitarias esixen na actual situación provocada pola COVID-19. Se non se dan as condicións indicadas, as prácticas deberán interromperse e poderán recuperarse noutro período, unha vez que se poidan restablecer as condicións para o seu normal desenvolvemento. En ambos os dous supostos, garantirase que se mantén o plan formativo e de titorización por parte da entidade, coas adaptacións que as circunstancias poidan demandar. • Substituír as prácticas por outras actividades. De non darse as condicións indicadas no primeiro suposto e non resultar factible a súa recuperación nun período posterior, daranse por finalizadas. Permitirase a avaliación do estudante de terse completado o 50% das horas inicialmente previstas. No caso de que o número de horas prácticas realizadas polo estudantado non alcanzase este 50%, a dirección do centro, en coordinación cos titores, poderán autorizar a avaliación sempre que garanta que se acadaron os obxectivos formativos previstos e as competencias asociadas á materia. Para ese efecto, poderán modificarse as actividades de avaliación previstas inicialmente nos programas, completándose con novos traballos, proxectos, resolución de casos prácticos e outras actividades análogas. En calquera caso, a decisión que finalmente se adopte terá que ser acordada polo/a estudante e polas persoas encargadas da súa titorización na entidade colaboradora e no centro universitario, e ratificada polo centro co procedemento que se determine. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes