Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Prácticas externas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Informe do titor profesional 80
Resumo A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Memoria de prácticas 20
 
Observacións avaliación

O titor académico avaliará numericamente as prácticas desenvolvidas, cumprimentando o correspondente informe de valoración final que deberá ter en conta o seguimento levado a cabo, o informe do titor profesional e a memoria final entregada polo estudante.


O réxime de cualificación será o mesmo que para as restantes materias. Para outorgar a mención de Matrícula de Honra, en caso de existir máis estudantes coa máxima cualificación numérica que posibles M.H. nesa oportunidade, reunirase a Comisión de Organización Académica que terá en conta os mesmos méritos comentados anteriormente.


No caso de que o estudante non completase no lugar onde se realizan as prácticas, e a plena satisfacción do titor, o 80% polo menos, das horas establecidas, emitirase informe final desfavorable de ditas prácticas e cualificación de “non presentado” na materia “Prácticas Externas”. Igualmente se transcorrido o prazo sinalado polo coordinador do mestrado, o estudante non entregase a Memoria Final das prácticas, emitirase informe final desfavorable de ditas prácticas e cualificación de “non presentado” na materia de Prácticas Externas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes