Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Introdución á Economía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A6 A18 A26 A31 A35 B8 B9 B14 C4 C5 Propoñeranse a realización de prácticas, lecturas e análise de documentos, exposicións, etc., nalgún caso poderán facerse en grupo, procurando así unha aprendizaxe colaborativa entre os membros do grupo, e noutros teranse que facer individualmente.

Para calificar as prácticas dos obradoiros fáranse "obradoiros de control".


40
Proba obxectiva A6 A13 A14 A18 A19 B2 B3 B4 Farase unha proba obxetiva nas datas establecidas para exame final da asignatura que englobará os contidos da materia.
A proba será un cuestionario de preguntas tipo test ou preguntas abertas ou ambas. O test será de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto. As preguntas de resposta aberta poderán ser unha breve explicación, un resumo, unha representación e interpretación de gráficas, a resolución de problemas, etc.
60
 
Observacións avaliación

Este sistema de avaliación continua esixe a asitencia as sesións presenciais. A porcentaxe mínima de asistencia será do 70%, sin ter en conta as ausencias debidamente xustificadas, dacordo ao establecido pola normativa da udc.

A
proba obxetiva formularase en castelán e se poderá respostar e calquera das
linguas oficiais da udc. En caso de desexala en galego, deberá indicarllo ao
profesor una semana antes da súa realización. Non se poderán portar reloxos e teléfonos intelixentes.   

As persoas con matrícula en réxime de estudo a tempo parcial e dispensa
académica, aos que se lles recomenda seguir un plan de titorías personalizado,
terán o mesmo sistema de avaliación que os estudantes a tempo completo, pero sen a obriga da asistencia.



Cada unha das entregas e
probas serán calificadas sobre dez para facilitar a súa comprensión. A
calificación final (CF) de APTO acadarase con 5 puntos, e será
o resultado da seguinte operación:  

CF= (Nota media dos
obradoiros de control X 0,40) + (Nota da proba obxetiva final X 0,60).

A proba obxetiva SERÁ OBRIGATORIA PARA APROBAR A ASIGNATURA. Se non se realiza a calificación final (CF) será NON PRESENTADO. Ademáis, se non acadar o 4, como mínimo, o
alumno será calificado exclusivamente coa nota da proba obxetiva, sen engadir a calificación
dos obradoiros e sen ponderar. Pero se a nota de proba obxetiva e de 5 ou superior, se poderá aprobar a asignatura con independencia ca nota da simulación.

Os obradoiros  NON SERÁN OBRIGATORIOS PARA APROBAR A ASIGNATURA. Para a súa calificación faranse obradoiros de control individuais, nos que o apto suporá, como máximo, o 65% da calificación (6,5). A calificación ata 10 obterase nunha proba tipo test, se nela obtense unha calificación superior. A proba se realizará baixo as mesmas condicións que a proba obxetiva final.  Se
non se realizan os obradoiros, a clificación final (CF) será exclusivamente a nota da proba obxetiva sen ponderar. 

Segunda oportunidade: 

As calificación das diferentes metodoloxías de avaliaciónda da primeira
oportunidade da convocatoria se manterán para a segunda oportunidade, na que se
deberán cumplir os mesmos requisitos que se establecen para a primeira
oportunidade.

Implicacións do plaxio:

A realización fraudulenta das probas de avaliación implicará a calificación de suspenso (0) na materia na convocatoria correspondente, invalidando asi calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes