Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Psicoloxía do Traballo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A14 A15 B1 B4 B9 B10 B15 C3 C4 C6 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
20
Proba mixta A21 A23 A24 A28 A31 A33 B1 B2 B8 C1 C6 Para evaluar o grado de adquisición dos contidos da asignatura por parte dos alumnos, realizarase unha proba mixta que constará de tres partes:

- A: Test de 20 preguntas de resposta múltiple, con 4 alternativas de resposta, das que unha é correcta. A puntuación do test obterase mediante a fórmula
[nº acertos-(nº erros/nº alternativas-1)]/2
- B: Catro preguntas tipo resposta breve.
- C: Unha pregunta tipo ensaio.

A puntuación máxima en cada un destes apartados (A,B,C) será de 10 puntos.

Criterio de corrección: A puntuación final da proba mixta obterase mediante a fórmula (A+B+C)/3.

O tempo máximo para a realización da proba será de 90 minutos.

Celebrarase o día sinalado pola Xunta de Facultade.
60
Sesión maxistral A3 A4 A8 A16 A20 A21 A23 A24 A27 A28 A33 A34 A35 B6 B10 B12 B13 B16 C4 C7 C8 Asistencia a clase, tanto ás sesións expositivas como interactivas.

A asistencia a clase computará para a calificación da asignatura sempre e cando o profesor estime que o comportamento e a actitude do alumno na clase correspóndanse co esperable nun estudante universitario: atención, interés, respeto, participación...

En tal caso, a valoración estará en relación directa co porcentaxe de asistencia, a cal medirase mediante a recollida de firmas na clase.
10
Investigación (Proxecto de investigación) A32 B3 B5 B6 B10 B13 B14 B15 C3 C4 Os alumnos, en parellas, deberán entrevistar a 5 traballadores co obxeto de analizar as opinións e experiencias de esos traballadores con respecto ós contidos da asignatura.

Os alumnos deberán acudir a unha sesión de tutoría co profesor para a revisión da estructura e o contido da entrevista.

A última clase interactiva do curso levarase a cabo unha posta en común entre todos os alumnos, polo que o informe da investigación deberase entregar ao profesor cando menos 48 horas antes.
10
 
Observacións avaliación
Contémplanse dúas modalidades de avaliación:
- Modalidade A: Tal como se describe no apartado anterior.
- Modalidade B: Para aqueles alumnos que por causas xustificadas non poidan asistir regularmente a clase: Proba mixta: 100%.
Cada alumno deberá acollerse á modalidade de avaliación A ou B e firmar un contrato de avaliación o principio do curso. A modalidade elexida será de aplicación para as convocatorias de Xuño e Xullo.
Os alumnos que obteñan unha calificación de Sobresaínte poderán optar a Matrícula de Honra. A proba para a súa obtención consistirá nunha entrevista co profesor na que o alumno deberá demostrar unha asimilación excelente dos contidos e competencias da asignatura.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes