Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Psicoloxía do Traballo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A14 A15 B1 B4 B9 B10 B15 C3 C4 C6 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
20
Proba obxectiva A21 A23 A24 A28 A31 A33 B1 B2 B8 C1 C6 Para evaluar o grado de adquisición dos contidos da asignatura por parte dos alumnos, realizarase unha proba obxectiva que consistirá nun examen de tipo test.

O tempo máximo para a realización da proba será de 45 minutos.

Celebrarase o día sinalado pola Xunta de Facultade.
70
Sesión maxistral A35 A34 A33 A28 A27 A24 A23 A21 A20 A16 A8 A4 A3 B6 B10 B12 B13 B16 C4 C7 C8 Asistencia a clase, tanto ás sesións expositivas como interactivas.

A asistencia a clase computará para a calificación da asignatura sempre e cando o profesor estime que o comportamento e a actitude do alumno na clase correspóndanse co esperable nun estudante universitario: atención, interés, respeto, participación...

En tal caso, a valoración estará en relación directa co porcentaxe de asistencia, a cal medirase mediante a recollida de firmas na clase.
10
 
Observacións avaliación

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 na proba obxectiva para superar a materia. No caso de que a puntuación obxectiva da proba sexa inferior a 4 sobre 10, a puntuación final máxima será de 4,0.

A cualificación de traballos tutelados e a sesión maxistral da convocatoria de xuño quedará gardada para a convocatoria de xullo. 


A cualificación de Matrícula de Honra outorgarase automaticamente ao alumnado que obteña unha cualificación final de 10 na materia. No caso de que existan máis alumnos/as con esa cualificación que as matrículas que se poidan conceder en función da cota total establecida, serán convocados para a realización dunha proba específica. 
No caso de que ningún alumno/a obteña unha cualificación de 10, poderán optar á Matrícula de Honra os/as alumnos/as cunha nota final igual ou superior a 9.0 solicitándoo ao profesor e realizando unha proba específica.
No caso de non existir solicitudes expresas de opción de matrícula, o profesor resérvase o dereito de concedelas no suposto de que, cumprindo o requisito de ter unha nota final igual ou superior a 9.0, se poida ser merecedor de matrícula.

O único criterio (100% da nota) para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, será a proba obxectiva.

A realización fraudulenta das probas ou das actividades de avaliación, unha vez acreditada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se comprometa: o/a alumno/a será cualificado con "non suspenso" (grado numérico 0) na correspondente convocatoria de o curso académico, tanto Se falta a comisión, prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procede a modificar a túa cualificación no certificado de primeira oportunidade, se é o caso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes