Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Informática Básica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Enquisa para determinar os coñecementos previos, competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado (Plataforma: Moodle)
Sesión maxistral Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas tratados no programa (Plataforma: Teams -videoconferencia-)
Prácticas a través de TIC Aprendizaxe a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), favorecendo o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado (Plataforma: Teams -videoconferencia- y Moodle)
Foro virtual Utilización do foro virtual para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia (Plataforma: Moodle)
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun único proxecto, no que o alumnado se forma traballando en necesidades reais da súa contorna co fin de mellorala. Propoñerase ao alumnado matriculado na materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con algunha entidade colaboradora. O estudante poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado, é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. Polo tanto, o número de horas dedicadas a esta actividade será a suma das previstas para cada actividade, é dicir, 7 horas durante as sesións e 21 horas de traballo autónomo (Plataforma: Teams -videoconferencia-, Moodle e adpatación ás aplicacións requiridas para o servizo á entidade colaboradora)
Traballos tutelados Tal e como figura na metodoloxía anterior o alumnado pode escoller entre aprendizaxe-servizo e traballo tutelado. No caso do traballo tutelado o alumnado deberá realizar un traballo práctico relacionado con algún contido da materia. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente (Plataforma: Teams -videoconferencia-, Moodle e adpatación ás aplicacións requiridas para o desenvolvemento do traballo práctico)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes