Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Informática Básica
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Aprendizaxe servizo
Descrición
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO

CORREO ELECTRÓNICO
– De uso cotiá para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

MOODLE
– Foro de formulación e resolución de dúbidas. A disposición do alumnado en todo momento para iniciar o proceso de formulación e resolución de dúbidas


TEAMS

– Videoconferencias para a atención personalizada. Na data e no horario acordado entre o docente e o estudante/equipo de traballo mediante un correo electrónico previo


OBXECTIVO DA ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO

Os equipos formados no marco do aprendizaxe servizo / traballos tutelados terán asignadas sesións de atención personalizada para o seguimento do traballo realizado por cada un dos seus membros e do equipo en conxunto. O calendario das sesións de seguimento se indicará ao longo do curso en función do plan de traballo da materia.

Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.

ALUMNADO QUE SE ATOPE EN CONDICIÓNS DE SOLICITAR O RÉXIME DE ESTUDOS A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA.

Acordarase ao longo do curso un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá pórse en contacto co equipo docente da materia antes do 30 de setembro.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes