Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Informática Básica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C3 C1 Pedirase aos estudantes a entrega de prácticas a través de TIC. Cada unha valorarase sobre 10 puntos e deberá acadar unha puntuación superior ou igual a 4 puntos. Terase en conta a calidade, contidos e puntualidade das entregas que se soliciten ao longo do curso.

60
Proba práctica A13 A31 B2 B4 B8 B13 C1 C3 Durante o cuadrimestre, no día e hora fixados polo docente, realizarase un exame parcial. A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final. Ámbolos dous exames valorarán a aplicación práctica do conxunto de coñecementos e técnicas adquiridos. Cada unha destas probas suporá o 20% da cualificación final. 40
 
Observacións avaliación

O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidos na clase e no foro virtual. Valorarase positivamente a participación activa na aula/foro virtual, tendo en conta tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. 

A entrega das prácticas para a súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle e seguindo as indicacións dadas polo docente.

A cualificación de non presentado aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada. 

Alumnado que se atope en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Seguirá o mesmo sistema de avaliación. Para o exame parcial ou entrega de probas realizadas durante as sesións, acordarase un calendario específico compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto coa profesora da materia antes do 30 de setembro.

Avaliación da segunda oportunidade. Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes