Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Informática Básica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A31 B3 B9 C1 C3 Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. 10
Prácticas a través de TIC A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 -Pedirase aos estudantes a entrega de prácticas a través de TIC.

-Cada práctica entregada valorarase sobre 10 puntos, e deberá acadar unha puntuación superior ou igual a 4 puntos para superar a materia.

-No caso de non entregar algunha das prácticas solicitadas o resto de prácticas entregadas non computarán na avaliación.

-Excepción: No caso de ter menos de 3 probas cunha calificación inferior a 4 ou non presentadas poderanse recuperar esa(s) proba(s) facendo a súa entrega a través da plataforma Moodle na data da convocatoria oficial do exame.

80
Aprendizaxe servizo A13 A31 B3 B9 B12 B13 C1 C3 Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. 10
 
Observacións avaliación

O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidos durante as sesións e no foro virtual.

Prácticas a través de TIC. A entrega das prácticas para a súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle e seguindo as indicacións dadas polo docente. No caso de non cumplirse as condicións de entrega valoraranse cunha calificación de 0 puntos.

Aprendizaxe-servizo / Traballos tutelados. Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías, a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final.

Alumnado que se atope en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao equipo docente antes do 30 de setembro. Seguirá o mesmo sistema de avaliación (incluída a participación activa no foro virtual), acordando un calendario específico compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

Aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada.

Avaliación da segunda oportunidade. Axustarase ao mesmo esquema previsto para a primeira oportunidade coas seguintes particularidades:

  • As prácticas a través de TIC (80%) desenvolveranse nunha única proba a través de Moodle. O alumnado poderá ter que estar conectado mediante unha videoconferencia en Teams dende o inicio ata o final da proba (o estudante deberá demostrar a súa capacidade para empregar ferramentas de traballo telemático). Terase en conta a calidade e contidos da entrega, podendo o docente solicitar a defensa oral de parte da proba.
  • Desenvolverase o traballo tutelado (20%), dado que o proxecto ApS soamente pode levarse a cabo durante a avaliación continua do primeiro cuadrimestre, de xeito individual.
  • A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do traballo tutelado terá lugar na data aprobada polo centro para a realización da avaliación da segunda oportunidade.

O alumnado que desexe concorrer á segunda oportunidade, deberá contactar por mail con copia a todo o equipo docente  antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, para coordinar o calendario de seguimento e entrega do traballo tutelado.

Adianto de oportunidade de avaliación ("avaliación adiantada")

As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán as establecidas para a avaliación da segunda oportunidade, coas seguintes adaptacións:

  • A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do traballo tutelado terá lugar na data aprobada polo centro para a realización da oportunidade de avaliación adiantada.

O alumnado que desexe concorrer á avaliación adiantada, deberá contactar co equipo docente (mediante correo electrónico) antes do inicio do período de exames da avaliación adiantada, para coordinar o calendario de seguimento e entrega do traballo tutelado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes