Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Economía e Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A6 A10 A14 A16 A18 A19 A20 A21 A26 A27 A31 A32 A35 B1 B5 B6 B8 B9 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Propoñeranse a realización de prácticas, lecturas e análise de documentos, exposicións, etc., nalgún caso poderán facerse en grupo, procurando así unha aprendizaxe colaborativa entre os membros do grupo, e noutros teranse que facer individualmente.

Para calificar as tarefas dos obradoiros fáranse "obradoiros de control" .
40
Proba obxectiva A6 A13 A18 B2 B3 B4 Farase unha proba obxetiva nas datas establecidas para exame final da asignatura que englobará os contidos da materia.
A proba será un cuestionario de preguntas tipo test ou preguntas abertas ou ambas. O test será de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto. As preguntas de resposta aberta poderán ser unha breve explicación, un resumo, unha representación e interpretación de gráficas, a resolución de problemas, etc.
60
 
Observacións avaliación

Este sistema de avaliación continua esixe a asistencia as sesións presenciais. A porcentaxe mímima de asistencia será do 70%, sen ter en conta as ausencias debidamente xustificadas, dacordo ao establecido pola normativa da udc.

A proba obxetiva formularase en castelán e se poderá respostar e calquera daslinguas oficiais da udc. En caso de desexala en galego, deberá indicarllo ao profesor una semana antes da súa realización. Non se poderán portar reloxos e teléfonos inelixentes.

As pesoas que estudan con matrícula en réxime de estudo a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, aos que se lles recomenda seguir un plan de titorías personalizado, terán o mesmo sistema de avaliación que os estudantes a tempo completo, pero non terán a obriga da asistencia.

Cada unha das entregas e probas serán calificadas sobre dez para facilitar a súa comprensión. Acalificación final (CF) de APTO acadarase con 5 puntos, e seráo resultado da seguinte operación:

CF= (Nota dos obradoiros X 0,40) + (Nota da proba obxetiva final X 0,60).

A proba obxetiva SERÁ OBRIGATORIA PARA APROBAR A ASIGNATURA. Se non se realiza, a calificación final (CF) será NON PRESENTADO. Ademáis, se non se acada o 4, como mínimo, a calificación será exclusivamente a nota da proba obxetiva, sen engadir a nota dos obradoiros e sen ponderar. Pero se a nota da proba objetiva é de 5 ou superior, se poderá aprobar a asignatura con independencia da nota dos obradoiros.

Os obradoiros NON SERÁN OBRIGATORIOS PARA APROBAR A ASIGNATURA. Para a súa calificación faranse obradoiros de control individuais nos que o apto suporá, como máximo, o 65% da súa calificación (6,5). A calificación ata 10 obterase nuha proba tipo test, se nela obtense unha calificación superior. A proba se realizará baixo as mesmas condicións que a proba obxetiva final. Se non se realizan os obradoiros, a calificación final (CF) será exclusivamente a nota da proba obxetiva final sen ponderar.

Segunda oportunidade: 

As calificacións das diferentes metodoloxías de avaliaciónda da primeira oportunidade da convocatoria soamente se manterán para a segunda oportunidade, na que se deberán cumplir os mesmos requisitos que se establecen para a primeira oportunidade.

Implicacións do plaxio:

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes