Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Teoría das Relacións Laborais
   Contidos
Temas Subtemas
PARTE PRIMEIRA
Introducción

TEMA 1.
A DOCENCIA UNIVERSITARIA DA MATERIA TEORÍA DAS RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 2. TEORÍAS E MODELOS ANALÍTICOS DOS SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 3. A CONSIDERACIÓN XURÍDICA-LABORAL DO TRABALLO COMO OBXECTO DE ESTUDO DA MATERIA TEORÍA DAS RELACIÓNS LABORAIS.
Sumario TEMA 1
§1. No plano de estudos da licenciatura en ciencias do traballo, como antecedente académico. §2. No plano de estudos do grao en relacións laborais §3. No plano de estudos das titulacións universitarias de relacións laborais ou ciencias do traballo nos países membros da Unión Europea.

Sumario TEMA 2
§1. Emerxencia da teoría das relacións laboaris. §2. Consolidación da teoría das relacións laborais. §3. Teorías actuais das relacións laborais.

Sumario TEMA 3
§1. O traballo como realidade xurídica. §2. O traballo dependente. §3. Un traballo voluntariamente prestado. §4. Por conta allea. §5. En virtude dun contrato. §6. Privado. §7. E non regulado polo Dereito común.
PARTE SEGUNDA
Historia da regulación do sistema español de relacións laborais

TEMA 4. A ETAPA DE DISPERSIÓN NORMATIVA.
TEMA 5. A ETAPA DE SISTEMATIZACIÓN NORMATIVA.
TEMA 6. A ACTUAL ETAPA DE IMPREGNACIÓN CONSTITUCIONAL E DE EUROPEIZACIÓN.
Sumario TEMA 4
§1. O traballo asalariado industrial: o problema da cuestión social. §2. A organización e a movilización do proletariado como resposta. §3. A intervención dos poderes públicos.

Sumario TEMA 5
§1. Durante a ditadura de Primo de Rivera. §2. Durante a II República. §3. Durante o franquismo.

Sumario TEMA 6
§1. A constitucionalización e a internacionalización das relacións laborais. §2. A impregnación constitucional do sistema español de relacións laborais. §3. A europeización do sistema español de relacións laborais.
PARTE TERCEIRA
A regulación actual do sistema español de relacións laborais

TEMA 7. AS FONTES DE COÑECEMENTO DO SISTEMA ESPAÑOL DE RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 8. INTERNET COMO MEDIO PARA O COÑECEMENTO DAS FONTES REGULADORAS DO SISTEMA ESPAÑOL DE RELACIÓNS LABORAIS.
Sumario TEMA 7
§1. Sobre a expresión «fontes de coñecemento» como sinónimo de «fontes do Dereito». §2. As normas laborais constitucionais. §3. As normas laborais internacionais. §4. As normas laborais do Estado e das Comunidades Autónomas. §5. As normas sectoriais. §6. O costume laboral. §7. A xurisprudencia social.

Sumario TEMA 8
§1. A Ignorantia legis non excusat e o dereito á información xurídica da cidadanía. §2. O dereito á información xurídica a través de Internet en Francia. §3. Outros modelos estatais, europeos e norteamericano, de acceso á información xurídica a través de Internet.
PARTE CUARTA
A relación laboral individual

TEMA 9. O TRABALLADOR.
TEMA 10. O EMPRESARIO E A EMPRESA.
TEMA 11. O CONTRATO DE TRABALLO.


Sumario TEMA 9
§1. Concepto xurídico de traballador. §2. A relevancia social dos traballadores. §3. Criterios xurídicos para a clasificación dos traballadores.

Sumario TEMA 10
§1. Concepto xurídico-laboral de empresario e clases. §2. A empresa, o centro de traballo e o lugar de traballo. §3. Os grupos de empresas ou grupos de sociedades.

Sumario TEMA 11
§1. A constitución da relación laboral individual a través da formalización do contrato de traballo. §2. Os poderes do empresario como causa de desigualdade no contrato de traballo. §3. Os límites constitucionais dos poderes do empresario.
PARTE QUINTA
As relacións laborais colectivas

TEMA 12. AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS.
TEMA 13. AS ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS.
TEMA 14. A NEGOCIACIÓN COLECTIVA.
TEMA 15. OS DEREITOS DE FOLGA E PECHE PATRONAL.
TEMA 16. O CONFLITO COLECTIVO E OS SEUS PROCEDEMENTOS DE SOLUCIÓN.

Sumario TEMA 12
§1. O sindicato como forma concreta de organización. §2. Criterios para unha clasificación dos sindicatos. §3. Antecedentes do Dereito Sindical no Estado español. §4. O recoñecemento constitucional dos sindicatos. §5. A Lei Orgánica de Liberdade Sindical.

Sumario TEMA 13
§1. O asociacionismo empresarial. §2. Criterios para unha clasificación das organizacións empresariais. §3. O dereito de asociación empresarial.


Sumario TEMA 14
§1. O dereito constitucional á negociación colectiva laboral. §2. O concepto legal de convenio colectivo. §3. Diferencias con outras figuras negociais distintas. §4. Clases de convenios colectivos. §5. O procedemento de negociación dos convenios colectivos.

Sumario TEMA 15
§1. A folga como medio de presión laboral dos traballadores. §2. A regulación da folga como dereito fundamental. §3. A titularidade do dereito de folga. §4. O exercicio do dereito de folga. §5. A folga ilegal e as súas modalidades. §6. A folga abusiva e as súas modalidades. §.7. O impacto da folga. §8. O dereito de peche patronal como medio de defensa do empresario e os requisitos legais para o seu exercicio. §9. Outros medios de presión laboral.

Sumario TEMA 16
§1. O conflito colectivo como elemento consustancial das relacións laborais e a súa tipoloxía. §2. Os procedementos extraxudicias de solución de conflitos colectivos. §3. O procedemento xudicial de solución de conflitos colectivos.






PARTE SEXTA
A intervención do Estado na regulación das relacións laborais

TEMA 17. A ADMINISTRACIÓN LABORAL.
TEMA 18. A ACTUACIÓN ADMINISTRATIVA DA AUTORIDADE LABORAL NAS RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 19. A INSPECCIÓN DE TRABALLO E DE SEGURIDADE SOCIAL.
Sumario TEMA 17
§1. A autoridade laboral. §2. A autoridade laboral do Estado. §3. A Autoridade laboral das Comunidades Autónomas.

Sumario TEMA 18
§1. A actuación administrativa de policía. §2. A actuación administrativa de fomento. §3. A actuación administrativa de servizo público.

Sumario TEMA 19
§1. Antecedentes. §2. Regulación actual. §3. Organización. §4. Funcións. §5. Modalidades de actuación.

PARTE SETIMA
As relacións laborais desde unha perspectiva comparada: modelos comunitario e comparado de relacións laborais no actual contexto de globalización ou mundialización da economía

TEMA 20. OS MODELOS COMUNITARIO E COMPARADO, EUROPEO E NORTEAMERICANO, DE RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 21. O IMPACTO DA GLOBALIZACIÓN OU MUNDIALIZACIÓN DA ECONOMÍA NAS RELACIÓNS LABORAIS.
Sumario TEMA 20
§1. Metodoloxía para o estudo das relacións laborais desde unha perspectiva comparada. §2. En materia de contratación laboral. §3. En materia de liberdade sindical. §4. En materia de negociación colectiva. §5. En materia de folga e peche patronal.

Sumario TEMA 21
§1. A regulación internacional das condicións de traballo como constante histórica. §2. O reposicionamento das funcións do Estado en temas económicos e sociais. §3. A intensificación do labor sindical a nivel internacional. §4. A regulación do comercio internacional por cláusulas sociais. §5. A distinción entre países enriquecidos e países empobrecidos como punto de partida para unha nova regulación internacional, non só estritamente laboral, dun mercado cada vez máis mundializado.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes